“A Pena Atureira, A Pena do Gato… por elí andiveron os mouros – di o Cachufeiro – elí, na pena, había un tesouro agochado.
Fai moitos anos o meu irmao e outros mozos puxéronse a cavar xunto da pedra e mesmo a partiron para encontrar o tesouro que os maiores lle contaban que había. Co tesouro non diron, os mouros debérono agochar moi ben, pero dende aquela elí quedou unha explanada xunto ó penedo. Para elí levaron un libro e unha pita. O libro líallo eu… lía pouco pero… O libro tiña unha piel de ovella que parecía engrasada. Esto sería… Eu teño 82 anos e tiña 12 anos. Bota contas.”
– Recollida de:
José “Cachufeiro” da Somoza — Santiorxo — 23-V-2000.

Deixar un comentario