-
20 anos de Encontros á Luz da Lúa
Hai exactamente 20 anos celebramos o primeiro encontro músico-poético á luz da lúa. Daquela, non había concertos en miradoiros, a carón do Sil ou na contorna de petróglifos: pero creámolo e funcionou. Levamos dúas décadas de encontros participativos á luz da lúa, desfrutando e valorando o Patrimonio de Sober en común. Durante este tempo, pasamos…
-
Ribeira Sacra: agora que? A UNESCO devolve a candidatura da “Ribeira Sacra Paisaxe da Auga” sen declarala Patrimonio Mundial e ponlle condicións para a súa inscrición
Ribeira Sacra: agora que? A UNESCO devolve a candidatura da “Ribeira Sacra Paisaxe da Auga” sen declarala Patrimonio Mundial e ponlle condicións para a súa inscrición O fracaso técnico e político agrávase co feito de intentar sacar adiante a inscrición pretendendo obviar o informe negativo de ICOMOS e cuestionando os organismos internacionais por defender a…
-
20 anos de Luz da Lúa: Encontro á Luz da Lúa en Cadeiras o 1 de agosto
O XX Encontro á Luz da Lúa do Colado do Vento celebrarase en Cadeiras o 1 de agosto de 2026, a partir das 22 horas. Como artistas convidadas, Carlos Rafael, poeta, Leni Pérez e Roberto Comesaña, voz e acordeón, e Aldara Pérez, frauta. Hai exactamente 20 anos celebramos o primeiro encontro músico-poético á luz da…
-
Informe de ICOMOS traducido para o galego pola Federación de Asociaciós da Ribeira Sacra
Paisaxe da Auga da Ribeira SacraNº 1639 Achégase en pdf a tradución para o galego do informe desfavorable de ICOMOS sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial.
-
A FEARS cre que é un fracaso político de todas as Administración implicadas a negativa técnica do ICOMOS á candidatura da Ribeira Sacra
A Federación de Asociacións da Ribeira Sacra, da que fai parte O Colado do Vento, acolle con contida satisfacción que moitos dos argumentos remitidos á ICOMOS desde a nosa entidade foran tidos en conta, dándonos a razón ao que levamos anos denunciando a pesar da tentativa de silenciarnos cun abrumador e falso relato oficial. Coñecemos…
-
Andaina circular entre Proendos, Millán, Rosende e San Martiño de Anllo
O domingo 22 de marzo, temos andaina por varias parroquias de Sober. Será un percorrido circular moi sinxelo que nos levará polos lugares de Centeás – Casares – Casas Grandes – Naz – Bretonía – Castaxúa – O Campo – Doade – Corvelle – Francos, nas parroquias de Proendos, Millán, San Martiño de Anllo e…
-
Charla sobre a Orde do Temple en Canaval
Comezamos 2026 cunha charla sobre a presenza da Orde do Temple en Canaval e a súa influencia nas parroquias da contorna, ao cargo de Almudena Bouzón, doutora en Historia coa tese La Orden del Temple en el Reino de Galicia en la Edad Media. Será no local social da parroquia de Canaval (detrás da estación,…
-
Observacións sobre o cultivo da vide na Galiza
Reedición traducida ao galego do libro Observaciones sobre el cultivo de la vid en Galicia, de Antonio Casares Rodríguez, do ano 1843. Esta edición en galego é tradución de Xesús Verao Pérez, profesor xubilado de Lingua Galega e viticultor, e conta cunha introdución de Mª Luisa Losada Sanmartín, historiadora da ciencia, colaboradora do Grupo de…
-
Unidade Didáctica “Coñece o teu Concello”
En 2020, ano da pandemia, decidimos elaborar esta unidade didáctica para coñecer a Historia de Sober dende sete sesións dunha clase de 5º de Primaria.
-
Crónica da conferencia de Luis Manuel Ibáñez Beltrán sobre a Terra de Lemos na Idade Media
O 14 de novembro en Monforte, Luis Manuel Ibáñez Beltrán pronunciou unha conferencia sobre a Terra de Lemos en época medieval, convidado polas asociacións O Colado do Vento e Amigos do Patrimonio Lemos. Durante unhas dúas horas e cunha sala chea, este Doutor en Historia Medieval, con raíces na nosa comarca, disertou sobre Historia Medieval…








