Había unha vez, nun pequeno pobo, un matrimonio pobre que tiña moitos fillos. Como a xente fala, ás veces, por falar, contábase nas tertulias que os fillos eran do cura.
Resulta que o cura tiña unha cabra. Unha cabra gorda, ben mantida.
Certo día, ó pobre home daquel pobre matrimonio ocorréuselle roubala para ter algo consistente que levar á boca.
A familia comeu a cabra: todiña.
O fillo máis pequeno cantaba moi ufano polos camiños:

Matámoslle a cabra ó cura.
Unha crúa, outra asada,
unha media entrepelada,
¡deixámoslla media acabada!
O cura, sentíndolle cantar tal cousa, díxolle:
– Se dis esto na igrexa, dareiche unha propina.
O rapaz marchou para a casa e o pai preguntoulle:
– E logo… ¿De que estiveche a falar co cura?
– Canteille a canción da cabra e pediume que a repetira o domingo na misa.
– Pois, en lugar de dicirlle así, – faloulle o pai – dille destoutra maneira…
O domingo, o cura, cando foi predicar dixo:
– Escuchad a este niño, que dirá toda la verdad.
Entón, cantou o neno:
Todos los hijos que tiene mi madre,
todos son hijos del señor abade.
Nisto, o cura murmurou:
– Orates frates, con rapaces non trates.
– Recollido de: Pilar Pérez de Barantes.
Deixar un comentario