Sábado 29: horta e elaboración de aceite de hipérico.

Este sábado, 29 de xuño, iremos á horta ás 18 horas. 
Programa:

– Labores de mantemento.

– Identificación de plantas e usos.

– Pequeno coloquio sobre a marcha do traballo e suxerencias de actividades de cara o futuro.

– Recollida da herba de San Xoán e elaboración de aceite de hipérico de tantas e tan boas propiedades sanadoras.

Deixar un comentario