Travesía Doade – Augas Mestas (información e mapa).

Travesía Doade - Augas Mestas
Foto do Club Acivros

No ano 2011, O Colado do Vento impulsou a realización dunha ruta de sendeirismo pola ribeira do Sil, entre Doade e Augas Mestas, coa colaboración da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo.

A ruta cumple as expectativas de camiñantes, polas súas fantásticas vistas e interese natural e etnográfico, pero precísase mellor mantemento de puntos do trazado.

Vilachá de Salvadur

Grazas ao Club Excursionista Acivro (http://acivro.blogspot.com.es/) dispoñemos da ruta marcada en Wikiloc e do perfi, así como de fermosas fotos.

* Distancia: 28 km

* Dificultade: DURA

* Recoméndase facela en sentido Doade-Augas Mestas (W-E).

* Atópase correctamente sinalizada.

Augas Mestas

A ruta transita á beira do Sil, ofrecendo vistas espectaculares. Conta con numerosos elementos naturais, como soutos, e etnográficos, coma a Pena do Castelo, os núcleos de Froxende, Barxa, Parada, Vilar de Mouros, Os Palleiros, muíños, as adegas de Vilachá de Salvadur…

* Consultar o mapa da ruta en Wikiloc aquí.

* Consultar o perfil da ruta aquí.

* Descrición da ruta por parte do Club Excursionista Acivro aquí.

Ribeira de Doade

Deixar un comentario