Catro novos achádegos de penas con petróglifos en Sober

P1150668

En Sober, a xente do Colado do Vento temos aínda por publicar unha ducia de penedas con petróglifos que non foran aínda catalogadas. A maioría, como os tres puntos que vos presentamos hoxe, foron atopadas por Óscar Alonso, de Veliños, mentras ía de paseo polo monte na procura dos prezados cogumelos.

P1150681

Trátase, no caso que vos amosamos nesta crónica, de catro penedas do entorno das parroquias de Pinol e Lobios, todas elas con motivos fundamentalmente de coviñas, atopadas polo Óscar de Veliños neste ano 2015.

– Petróglifos da Pena do Lagarto, Pinol

Trátase dunha gran laxa granítica duns 10 metros de lonxitude na que atopamos múltiples coviñas e sucos na cara descuberta da pedra, que dá ao suroeste.
Están no camiño entre Viñariño e Paradela, perto de Pinol de Abaixo, na parroquia de Pinol.

Vídeo, onde se pode apreciar a amplitude do panel: aquí.

Mapa da zona (está indicado o topónimo “Lagarto”).

zona lagarto

– Pena con petróglifos na zona de Casardecima, Pinol.

Con máis de 50 motivos, esta pena parece que foi cortada. Está tapada parcialmente por pedras e maleza.

Pódese apreciar no vídeo: aquí.

Mapa da zona dos petróglifos de Casar de Cima e dos do monte de Lobios.

casar de cima e monte de lobios

– Penas con petróglifos no monte de Lobios, por riba da Ola de Lobios.

P1150762

Trátase de dúas penedas moi próximas, con motivos de coviñas e sucos.

P1150752

Deixar un comentario