Viaxe a Vigo: Museo Liste e Rande

En outubro de 2025 visitamos a zona de Vigo.

A primeira parada foi o Museo Liste, onde as persoas participantes quedaron satisfeitas coas estupendas explicacións que nos deron Victoria e Rocío, que foron moi atentas e nos trataron con moito agarimo. Ambas agasalláronnos cun delicioso aperitivo, xunto con fermosos eloxios para a xente de Sober e do Colado do Vento. Quen queira doar pertenzas antigas ao Museo Liste pode contactar en coladodovento@gmail.com.

Ao saír da visita, Victoria deunos varios libros pequenos con información sobre o Museo, que quedarán na Biblioteca de Sober, dispoñibles para a súa consulta.

A visita ao Museo de Rande tamén foi interesante. Ademais dun documental que nos mostraba como se desenvolveu alí a batalla, Francisco Ruíz, cunha oratoria e un entusiasmo maxistrais, deleitounos cun breve resumo do que lles aconteceu aos barcos naquel momento, que plasma fermosamente no seu libro “A gloriosa traxedia de Rande”.

Fotos de persoas socias.

Deixar un comentario