LENDAS
-
O CASTRIÑO
“Pois o papá e a mamá sentiron. De noite formouse unha chuvia, e aí andaban os mouros cavando no Castriño, entre os castiñeiros e unhos penedos, como unha mina, cavando para sacar unha cadea de ouro; porque iba unha cadea de ouro (pero ó cabo nadie o soupo) por unha peneda que hai no río…
-
O SANTUARIO DE OUTEIRO
Houbo un tempo en que Cadeiras era tan alto como a Cabeza da Meda; era unha montaña alta. En Outeiro había un santuario moi grande cunhas campás de ouro. Un día veu un volcán de auga moi grande e asulagou todo, quedando enterrado o santuario e as campás. Se se peta na entrada da casa…
-
A MOURA DOS CÓTAROS
Lenda contada en animada parola co Gonzalo do Cuñas de Mer – Proendos, mentres camiñabamos cara o penedo que a moura, a quen lle estorbaba para coller auga dunha fonte, cambiou de sitio transportándoo na súa cabeza.Íamos polo camiño de Mer ós Cótaros en leda parola. A broza invadírao parcialmente e ameazaba con pechalo, como…
-
A MOURA DA TAPADA DO ALMESTRO
Esta lenda foi recollida a Carmen Rodríguez da Pena – Proendos – Sober, a quen a súa avoa lla contaba moitas veces sendo nena. A lenda coñécena moitos máis veciños da zona pero non lles gusta relatala, ¡non vaia ser verdade! Hai moito tempo —a data precisa esmoreceu na memoria da xente— alá na tapada…
-
OS CINCO PALITROQUES
“Viñeron de Monforte atacar a casa de Vilastrille, e os irmaos da casa, con palitroques, defendérona e venceron. O rei concedeulle o escudo. O escudo é un mérito, significa cartos; a min contoumo o Clavelito de Sober.Esa era casa de soga e cuchillo, cando o palacio era palacio. E eí era onde xuzgaban, por eso…
-
O REI DO PALACIO DE SOBER
Así no lo contou o Alfonso do Ferreiro de Francos: “Vivía no palacio de Sober un rei ó que non lle sabemos nome. Tivo que acudir á guerra contra os mouros, volvendo, pasado algún tempo, victorioso das súas batallas. Cando chegou a Monforte deuse conta de que non o esperaba naide para darlle noticia ningunha.…
-
AS PENAS DE SINOS E DO SOL
“Hai unhas penas entre Vilaescura e Rosende chamadas A Pena de Sinos e A Pena do Sol, que eran a morada dos mouros, uns personaxes grandes e fortes que iban mercar xatos grandes á feira e que os pagaban cunhas monedas moi raras; levaban os xatos cara a ribeira e desaparecían por un túnel que…
-
A PENA DA SERPE
Cóntase, xa hai moitísimos anos, cando os mouros chegaron a esta zona de Galicia, que unha fermosa moura namorouse dun rapaz da vila. Os xoves namorados víanse ás agachadas na fraga, sempre no mesmo lugar, onde había unha enorme pedra nun camiño perdido. Un día, a familia da moura decatouse do que estaba a acontecer…
-
A Pena do Gato
“A Pena Atureira, A Pena do Gato… por elí andiveron os mouros – di o Cachufeiro – elí, na pena, había un tesouro agochado. Fai moitos anos o meu irmao e outros mozos puxéronse a cavar xunto da pedra e mesmo a partiron para encontrar o tesouro que os maiores lle contaban que había. Co…


