PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO
-
Un bifaz en Lobios e unha lasca en Proendos? Novos achádegos paleolíticos en Sober
Este ano 2015, atopáronse en Sober dous novos achádegos que, moi probablemente, pertencen ao Paleolítico: un bifaz e unha lasca, útiles de cuarcita. Ambos obxectos estarían datados no Paleolítico Inferior, pertencendo ao conxunto de industrias achelenses do Pleistoceno Medio, ou Modo 2, (620.000 – 300.000 anos antes do presente), elaboradas polas comunidades de Homo Heidelberguensis.…
-
Catro novos achádegos de penas con petróglifos en Sober
En Sober, a xente do Colado do Vento temos aínda por publicar unha ducia de penedas con petróglifos que non foran aínda catalogadas. A maioría, como os tres puntos que vos presentamos hoxe, foron atopadas por Óscar Alonso, de Veliños, mentras ía de paseo polo monte na procura dos prezados cogumelos. Trátase, no caso que…
-
Lasca paleolítica do Castelo, Neiras [entre 620.000 e 300.000 anos antes de hoxe]
– Obxecto: lasca paleolítica de cuarcita. – Posíbel datación: Paleolítico Inferior, industrias achelenses do Pleistoceno Medio (620.000 – 300.000 anos antes do presente). – Localización: achado fortuíto de superficie no alto do Castelo na parroquia de Neiras (Sober-Lugo). * Descrición do obxecto A lasca que temos entre mans foi un achado fortuíto realizado no ano…
-
A misteriosa cabeza de Pinol
* Artigo de Francisco Albo en La Voz de Galicia, edición Lemos, o 13 de xullo de 2011. Un elemento descoñecido do patrimonio histórico de Sober foi descuberto recentemente na parroquia de Pinol. Trátase dunha figura tallada en baixorrelevo que representa de forma moi esquemática un rostro humano. A talla encóntrase nunha pedra embutida no…
-
A LAXA DA CARREIRA, UN NOVO PETRÓGLIFO EN SOBER
Na tarde de hoxe (19-III-2011), un socio do Colado do Vento, Manuel Verao, localizou na parroquia de Bolmente unha inscultura rupestre. No día de San Xosé, despois da habitual comida familiar dos Verao no lugar do Outeiro de Bolmente, o Manolo Verao, camiñando polo monte de Coto, decatouse de que na pedra da Laxa da…
-
PETRÓGLIFOS DE SOBER (CADRO XERAL E MAPA – ANO 2011)
Petróglifos son todos aqueles debuxos ou gravados en pedra; manifestacións que se atopan por todo o mundo en épocas diversas. No territorio galaico contamos cun conxunto de insculturas ao aire libre moi numeroso e peculiar, unha das manifestacións culturais máis xenuinas da nosa terra. Datados o groso destes gravados rupestres no III e II milenio…
-
Mámoa do Monte dos Cousos (Doade)
Por: Alfonso Campos Pérez Polo Monte dos Cousos pasaba o antigo camiño a Mourentán frecuentado na época de muíñada polos de Ceceda e os de Marcelle. Todos miraban para aquel bulto redondiño emerxido da chaira do redor e imaxinaban os tesouros agochados polos mouros, esa raza de homes e mulleres…
-
Fotos dos petróglifos de Sober (Xulio Gil)
O amigo Xulio Gil agasallounos cunhas fotos dalgúns dos petroglifos de Sober, feitas cunha técnica que permite percibir todos os detalles da pedra. Agradecementos dende aquí. O XESTAL (I) O XESTAL (II) TAPADA DO MONTE
-
Os castros de Sober
Publicación Os castros de Sober, guía introdutoria, elaborada con motivo dunha visita didáctica a varios castros de Sober. Castros de Sober. Publish at Calameo
-
PETROGLIFOS DE SOBER
Por Alfonso Campos Pérez limiarCando eramos pequenos, as nosas nais levábannos a ver o sol, a lúa e as estrelas debuxadas naquelas pedras do Xestal, e mirabamos arroubados o sol grandichón, a lúa máis pequeniña e as aínda máis cativas estrelas, repartidas por toda a pedra, como puntiños escavados na rocha. E criamos ver un…


![Lasca paleolítica do Castelo, Neiras [entre 620.000 e 300.000 anos antes de hoxe]](https://coladodovento.org/wp-content/uploads/2015/12/lasca1.jpg?w=1024)



