PETRÓGLIFOS
-
Catro novos achádegos de penas con petróglifos en Sober
En Sober, a xente do Colado do Vento temos aínda por publicar unha ducia de penedas con petróglifos que non foran aínda catalogadas. A maioría, como os tres puntos que vos presentamos hoxe, foron atopadas por Óscar Alonso, de Veliños, mentras ía de paseo polo monte na procura dos prezados cogumelos. Trátase, no caso que…
-
A LAXA DA CARREIRA, UN NOVO PETRÓGLIFO EN SOBER
Na tarde de hoxe (19-III-2011), un socio do Colado do Vento, Manuel Verao, localizou na parroquia de Bolmente unha inscultura rupestre. No día de San Xosé, despois da habitual comida familiar dos Verao no lugar do Outeiro de Bolmente, o Manolo Verao, camiñando polo monte de Coto, decatouse de que na pedra da Laxa da…
-
PETRÓGLIFOS DE SOBER (CADRO XERAL E MAPA – ANO 2011)
Petróglifos son todos aqueles debuxos ou gravados en pedra; manifestacións que se atopan por todo o mundo en épocas diversas. No territorio galaico contamos cun conxunto de insculturas ao aire libre moi numeroso e peculiar, unha das manifestacións culturais máis xenuinas da nosa terra. Datados o groso destes gravados rupestres no III e II milenio…
-
Fotos dos petróglifos de Sober (Xulio Gil)
O amigo Xulio Gil agasallounos cunhas fotos dalgúns dos petroglifos de Sober, feitas cunha técnica que permite percibir todos os detalles da pedra. Agradecementos dende aquí. O XESTAL (I) O XESTAL (II) TAPADA DO MONTE
-
PETROGLIFOS DE SOBER
Por Alfonso Campos Pérez limiarCando eramos pequenos, as nosas nais levábannos a ver o sol, a lúa e as estrelas debuxadas naquelas pedras do Xestal, e mirabamos arroubados o sol grandichón, a lúa máis pequeniña e as aínda máis cativas estrelas, repartidas por toda a pedra, como puntiños escavados na rocha. E criamos ver un…
-
PETROGLIFO DA TAPADA DO MONTE
Anllo Santo EstevoMotivos: círculos, sucos, cruces, cruces inscritas e cadrados, dubidoso motivo semellante a un ídolo-cilindro cunha paleta.Esta pedra esquistosa dende a que podemos oír as augas do Baldeiros, é un caso singular, polo tipo de soporte pouco habitual, e, ó mesmo tempo, encadrable na tipoloxía xeral das estacións rupestres galegas con gravados xeométricos: discreta…
-
PETROGLIFO DOS CÓTAROS
FigueiroáMotivos: círculos concéntricos, sucos, coviñas.Cando nos achegamos a ela, foi o Gonzalo do Cuñas, o noso guía, falando do divino e do humano, mentres tratabamos de orientarnos ata onde estaba, medio perdida entre a broza mesta. Sabía o Gonzalo engadirlle algo da súa colleita ás vellas historias. Sinalounos co caxato un lugar húmido onde a…
-
PETROGLIFO DE PRADOS
FigueiroáMotivos: coviñas. Figuraba catalogado un petroglifo pola zona chamado “Coviñas dos Toxaes”. Despois dun rastrexo polo lugar sinalado con coordenadas U.T.M., abandónase a pescuda para seguila máis ó leste, xunto duns lameiros, a carón do regato Pesavedra. A búsqueda polas penas que máis resaltaban na paisaxe non deu resultado. O arqueólogo, máis experimentado, buscándoa nas…
-
COVIÑAS DO MONTE DO CURA
Millán Motivos: coviñas. Cando se presentan soas coviñas e sucos son difíciles de catalogar pola simplicidade formal, polo amplo abano do tempo abranguido, pola universalidade da súa representación con significados distintos segundo a cultura de pertenza, ó longo do tempo e do espacio. As coviñas do Monte do Cura, situadas sobre un mirador natural aberto…
-
PETROGLIFO DO MONTE DA RAÑA
PinolMotivos: coviñas e sucos. Na véspera do día oito de Cadeiras saía a virxe en procesión dende a igrexa de Pinol ata o santuario. Por ese mesmo camiño, despois de Cima de Vila e O Rigueiro, tamén se podía ir Ó Monte da Raña e seguir pola Carreira das Táboas a Sampil. No Monte da…

