PETRÓGLIFOS

  • PETROGLIFO DO BARCAL

    Pinol Motivos: coviñas e sucos.Debémoslle a unha rapaza espilida de Sampil o seu achádego cando pastoreaba as ovellas da súa casa. Outra vez volve repetirse a historia, pois durante moitos séculos créuse que as insculturas eran cousas de pastores ociosos. Neste caso, a Saleta, estaba máis interesada nos libros que en facer fochacas. ¡Que sorte…

  • PETROGLIFO DO AGRO I

    Pinol Motivos: coviñas e sucos.“Afloramento granítico lixeiramente destacado sobre o terreo, que cunha orientación visíbel N-S e sen apenas caída, ten gravadas unhas vinte coviñas, de entre cinco e tres cm de diámetro, espalladas por toda a pedra. A súa superficie está cuberta por abundante cascallo de extraccións, e parte da pedra está cuberta polo…

  • PETROGLIFO DO AGRO II

    Pinol Motivos: coviñas.Xa moi perto do Castriño está este pequeno afloramento granítico con tres coviñas, que tamén presenta ruptura pola cara N. Doado é que haxa máis pedras pola zona con este tipo de insculturas.ó redorSAMPILBen merece Sampil un repousado recorrido polas súas carreiras, dende as que poderemos ver elementos tradicionais aínda en bo estado…

  • PETROGLIFO DA LAXA DO CAMPO DA CHA

    Pinol -BulsoMotivos: coviñas, sucos. Contábanos o Germán do Pepito de Pinol de Abaixo: “Hai unha laxa no Campo da Cha que decían que se abría e salía unha campana. Aínda hai elí unha porraquiña, e decían que se abría co rezo, e que tocaba unha campana polo día de San Juan. Quen a abría era…

  • PETROGLIFO DE FROXÁN

    ProendosMotivos: círculos concéntricos, coviña central.Na parede dunha casa de Froxán atópanse estas insculturas formadas por varios motivos con círculos concéntricos. O máis grande ben definido e dous máis pequenos moi erosionados. O desgaste do tempo é o que lle confire ós petroglifos a configuración en U aberta. Nada se sabe da ubicación orixinal da pedra,…

  • PETROGLIFO DOS LAGOS I

    ProendosMotivo: coviñas e sucos. Esta sería unha das pedras das que nos fala Vázquez Seijas despois da súa visita a Proendos guiado polo párroco desta feligresía, Don Ángel. Esta manifestación artística é concebida polos estudos da arqueoloxía da paisaxe como “una forma de apropiación simbólica del espacio por comunidades humanas de economía itinerante en zonas…

  • PETROGLIFO DA PENA DO XESTAL I

    ProendosMotivos: círculos, coviñas, sucos. Sen dúbida, xunto co Xestal II a poucos metros deste, o máis coñecido de todos. Ó seu carón temos escoitado todo tipo de teorías fundamentadas e fantasiosas. A parte das coviñas, son os círculos o motivo máis numeroso e característico dos gravados rupestres e de distribución máis ampla dentro do grupo…

  • PETROGLIFOS DO XESTAL II

    ProendosMotivos: círculos, coviñas, sucos. “Sobre unha laxe de granito de tendencia horizontal, gravouse un motivo cun total de oito círculos concéntricos, cun diámetro total de 43 cm. Do seu centro, ocupado por unha cazoleta saen dous sucos, un deles, discontinuo, pasa á finca veciña por baixo do muro de cerre. Xunto a este motivo circular,…

  • PETROGLIFO DOS LAGOS II

    ProendosMotivos: coviñas.Andan as vacas por estas terras, o que permite o acceso doado a estas estacións.Temos neste pequeno afloramento granítico tres coviñas en líña e outra coviña a dezasete cm de distancia. Divide a pedra o muro da finca.

  • PENA DO CABALO

    Proendos Motivos: coviñas, sucos, un posible cabalo dun só trazo.Ó lado mesmo da chamada Calzada de Pedride, atópase esta pena, que ten como motivo destacable un posible cabalo moi idealizado. De representar un cabalo, estaríamos ante un motivo máis propio das estacións da costa, onde cervos, xinetes, cacerías, armas, etc. colócannos nunha sociedade estruturada de…