RECEITAS
-
Queixo fresco caseiro
* Manola da Venta, de Neiras, explicounos paso a paso como facer queixo na casa. Fixémolo durante a xornada “Pan e Queixo” que organizamos en febreiro de 2013. Deixámosvos a explicación de como se fai paso a paso. Precísase entre un litro e dous litros de leite cortado (déixase cortar por si mesmo ou, para…
-
Rosca típica de Sober
Receita de Pilar Pérez, nacida en Barantes, que vive no Outeiro de Bolmente. NOTA – Ter a receita da rosca tradicional non é garantía de que saia ben: cómpre praticar moito e coller o punto ao amasado, levedado e enfornado. Non deixedes de experimentar, mais tampouco de mercar as roscas ás afamadas rosqueiras e rosqueiros…
-
Un dóce típico: vixiga ou tripón
A vixiga é un dóce típico que recibe ese nome porque tradicionalmente se usaba como continente para facelo cocido nunha pota esa parte do porco. Dende hai tempo faise no forno en latas ou en moldes de cociña. INGREDIENTES – Leite (un litro de leite por cada 6 ovos) – Ovos (6 ovos por litro…


