SENDEIRISMO
-
Travesía Doade – Augas Mestas (información e mapa).
No ano 2011, O Colado do Vento impulsou a realización dunha ruta de sendeirismo pola ribeira do Sil, entre Doade e Augas Mestas, coa colaboración da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo. A ruta cumple as expectativas de camiñantes, polas súas fantásticas vistas e interese natural e etnográfico, pero precísase mellor…
-
Paseíño comentado á Pena do Castelo
Dende Doade podemos achegarnos á Pena do Castelo, a penas a 1,5 km do cruce coa pista de acceso a este curuto rochoso. No cruce de Doade, na estrada Monforte – Castro Caldelas, hai que coller dirección á Adega Algueira e pouco antes está a pista de acceso á Pena do Castelo. Accédese…
-
Ruta polo río Antiga (O Incio) en wikiloc
Deixámosvos o percorrido desta ruta de apenas 2 km polo río Antiga, a principal fonte do Cabe. Trátase do percorrido polo tramo onde fica seco o cauce do río; “desaparece” nos meses de verán baixo a terra, nunha zona calcárea, e volve aflorar na fonte do Arnada. Trátase do fenómeno da “resurxencia cárstica”. Pódese acceder…
-
RUTA DOS COLADOS
* Esta ruta realizouse por primeira vez o domingo, 11 de xuño de 2006, como actividade das Festas de San Antón da parroquia de Bolmente, organizada pola Asociación de Veciños O Pinal de Bolmente e a xente do Colado do Vento. Ruta de 10 km aprox. Pódese descargar aquí un tríptico co mapa, texto e…
-
Ruta por terras de Brosmos: O COXO DE BULSO
* Descarga aquí POR TERRAS DE BROSMOS, o tríptico co texto e un mapa desta ruta de 12,3 km., de dificultade baixa, que atravesa as parroquias de Pinol, Lobios, Santiorxo, Santa Cruz de Brosmos e Bulso. O Coxo de Bulso trouxera das américas dúas cousas: moitos cartos e a alma enchoupada de remorsos. Crimes que…
-
Ruta: O SALTO DO CABALO DE SANTIAGO
Dispoñémonos a dar un salto marabilloso, a rememorar o galope fantástico do albo cabalo de Santiago cando brincou dende a pedra da Tapada do Monte, xunto ó rego de Baldeiros en Anllo Santo Estevo, ás Cerdeiriñas, por baixo mesmo do impresionante Castro dos Penedos, preto do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, no…





