
A Asociación cultural “ O Colado do Vento” naceu oficialmente no 2008 – aínda que xa realiza actividades dende o 2006 – co obxectivo principal de dar a coñecer o inmenso Patrimonio, material e inmaterial, da Comarca de Lemos, comezando polas nosas terras de Sober.
Coñecer, valorar e preservar o noso coma un elemento imprescindible para o futuro desta Terra. Entendemos as lendas, os sitios arqueolóxicos, os saberes tradicionais ou a arte coma un valor que nos permite gozar en comunidade.
Se desexas participar en calquera das nosas actividades, ponte en contacto connosco en:
coladodovento@gmail.com
Francos de Proendos
nº 34 (SOBER)

Deixar un comentario