VISITA (CON MÚSICA TRADICIONAL) Á COVA DAS CHOIAS

Propoñémosvos un experimento sendeirista, natural e musical. Así, improvisado.
Imos visitar a cova das Choias, situada na parroquia de Óutara, en Probra de Brollón, buraco de orixe natural con alteracións antrópicas por mor da extracción de mineral de ferro.
A excursión será mañá, xoves, 26 de agosto, pola tarde.
Sairemos en coches particulares de Sober, diante da Casa do Concello, ás 17:15 horas, e da Pobra de Brollón, diante do bar 1º de Maio, ás 17:45 horas. 
No entorno da cova, que visitaremos interiormente, contaremos coa actuación de Pablo Carpintero e de quen se queira sumar.
Se este experimento nos gusta, poderemos darlle continuidade.
Pode participar quen o desexe, achegándose aos puntos de saída ás horas referidas.

2 respostas a “VISITA (CON MÚSICA TRADICIONAL) Á COVA DAS CHOIAS”

  1. Ei como saiu este experimento-cultural. A ideia e a ostia.
    Aí vai un novo enlace, secadra xa ocoñecedes,
    http://asombradebouzapanda.wordpress.com/
    Un saudo dende Bergantiños

    Gústame

  2. Saíu estupendamente. Boa música e un sitio impresionante!
    Grazas polo enlace, non o coñecía.

    Gústame

Deixar un comentario