ACTIVIDADES
-
20 anos de Encontros á Luz da Lúa
Hai exactamente 20 anos celebramos o primeiro encontro músico-poético á luz da lúa. Daquela, non había concertos en miradoiros, a carón do Sil ou na contorna de petróglifos: pero creámolo e funcionou. Levamos dúas décadas de encontros participativos á luz da lúa, desfrutando e valorando o Patrimonio de Sober en común. Durante este tempo, pasamos…
-
20 anos de Luz da Lúa: Encontro á Luz da Lúa en Cadeiras o 1 de agosto
O XX Encontro á Luz da Lúa do Colado do Vento celebrarase en Cadeiras o 1 de agosto de 2026, a partir das 22 horas. Como artistas convidadas, Carlos Rafael, poeta, Leni Pérez e Roberto Comesaña, voz e acordeón, e Aldara Pérez, frauta. Hai exactamente 20 anos celebramos o primeiro encontro músico-poético á luz da…
-
Informe de ICOMOS traducido para o galego pola Federación de Asociaciós da Ribeira Sacra
Paisaxe da Auga da Ribeira SacraNº 1639 Achégase en pdf a tradución para o galego do informe desfavorable de ICOMOS sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial.
-
Andaina circular entre Proendos, Millán, Rosende e San Martiño de Anllo
O domingo 22 de marzo, temos andaina por varias parroquias de Sober. Será un percorrido circular moi sinxelo que nos levará polos lugares de Centeás – Casares – Casas Grandes – Naz – Bretonía – Castaxúa – O Campo – Doade – Corvelle – Francos, nas parroquias de Proendos, Millán, San Martiño de Anllo e…
-
Charla sobre a Orde do Temple en Canaval
Comezamos 2026 cunha charla sobre a presenza da Orde do Temple en Canaval e a súa influencia nas parroquias da contorna, ao cargo de Almudena Bouzón, doutora en Historia coa tese La Orden del Temple en el Reino de Galicia en la Edad Media. Será no local social da parroquia de Canaval (detrás da estación,…
-
Belotada: iniciativa de reforestación na ribeira do Cabe.
Queremos divulgar unha actividade das asociacións veciñais da ribeira do Cabe, coa que colaboramos: trátase dunha “belotada”, unha iniciativa de reforestación da Ribeira do Cabe. No documento pdf adxunto tedes toda a información para poder colaborar.
-
Mesa Redonda: Patrimonio Forestal e Intervención Humana
A asociación cultural O Colado do Vento organiza en Sober unha Mesa Redonda sobre Patrimonio Forestal e Intervención Humana. A actividade celebrarase o vindeiro día 21 de novembro, venres, na Casa da Cultura de Sober, ás 18:30 h, e contará coa presenza de José Vicente Barcia Magaz, do Proxecto Guardabosques, Isabel Aguirre de Úrcola, Arquitecta…
-
Conferencia: A vila de Monforte e a Terra de Lemos na Idade Media
O 14 de novembro de 2025 (venres), Luís Manuel Ibáñez Beltrán impartirá unha conferencia titulada: A vila de Monforte e a Terra de Lemos na Idade Media. Será na Casa da Cultura de Monforte ás 20 horas. Entrada libre, non cómpre anotarse. A actividade está organizada en conxunto polas Asociacións O Colado do Vento e…
-
IX encontro á luz da lúa: en Cadeiras o 1 de agosto de 2015
Un ano máis – e xa van nove – O Colado do Vento organiza o “encontro á luz da lúa”, singular xornada nocturna na que compartimos contos, cantos, saberes, poemas ou o que cada quen desexe. Este ano contamos coa presenza dos grupos de Sober The Carallos e O Trícole, e cunha violonchelista, Paula. Ademais,…
-
Ruta de sendeirismo e xornada de praia no Morrazo
Data: domingo, 19 de xullo. Horas e puntos de saída: 8:00 h – Diante da Casa do Concello de Sober. 8:40 h – Rotonda fronte ao IES AS Lagoas, Ourense. 10:20 h – O Hío, Cangas. Sairemos pouco despois das 10:30 h do Hío para facer unha ruta de sendeirismo pola península do Morrazo, de…







