Domingo, 27 de marzo 3 de abril de 2011.
Saída ás 11:00 horas (hora nova) da igrexa de Barantes.
Para quen non saiba do punto de saída, estaremos entre as 10:30 e as 10:45 en Sober, diante do Concello, para ir en coches ata o punto de inicio.
É unha ruta circular, moi sinxela, de aproximadamente catro quilómetros.
De interese: vistas sobre a ribeira do Sil, arquitectura tradicional, castro de Vilanova, cabeza castrexa da Casa da Pereira.
Xantaremos en Barantes, pero cada camiñante levará a súa propia comida.
Non é preciso anotarse previamente.
Máis información: Javier Vivirido (javivivirido@terra.es – 659323833).
Deixar un comentario