Ruta pola zona do río Loio [30-10-2011]

Grazas á socia do Colado do Vento, Rosana Prieto Florines, o domingo, 30 de outubro, poderemos desfrutar dunha ruta guiada pola zona do río Loio.
* Saída de Sober: 9:15 horas – En coches particulares (organizarémonos para levar os menos posibles).
Programa da visita (os horarios son aproximados).
*  10:10 horas – Visita á igrexa románica de Santa María de Castro de Rei (en coches).
* 10:40 horas – Igrexa románica de San Miguel (en coches).
* 11:15 horas – Inicio da ruta a pé “Rego Ruxidoira” (Paradela), de aproximadamente tres horas, visitando:
– Muíño de Pías.
– Muíño da Retorta.
– Igrexa románica de Suar.
– Portocaneiro.
– Ribeira do Loio: vistas das aldeas de Suar, Castro, Celmán e do río Loio.
– Mosteiro de Santa María de Loio e castro.
– San Xoán de Loio.
* 14:30 horas – Xantar en San Xoán de Loio [15 €].
* Tarde – Visita a San Facundo (en coches).
IFORMACIÓN
– Para participar na visita, hai que anotarse antes do 28 de outubro en coladodovento@gmail.com ou no 982460703. 
– A visita é gratuita, só haberá que pagar o xantar.
– Organizarémonos para levar só os coches necesarios.

Deixar un comentario