ruta de sendeirismo "Vilachá de Salvadur-Augas Mestas" – 15 de abril (domingo)

Foto: http://www.jrcasan.com.
Saída en bus:
– dende Sober: 9:30 horas (praza do Concello)
– dende Monforte: 9:45 horas (“casiñas” da Compañía)
[É preciso anotarse para reservar praza no bus antes do xoves 12, en coladodovento@gmail.com ou 659323833].
Foto: http://flickriver.com/photos/moncho-pineiro/4480070442/
Chegada a Vilachá de Salvadur (A Pobra do Brollón) sobre as 10:15 horas, para facer unha ruta de sendeirismo duns 7 km de dificultade media-baixa ata Augas Mestas (Quiroga).
Chegada a Augas Mestas sobre as 13:30 horas, onde nos recollerá de novo o bus para xantar en Vilachá, no entorno das adegas, dende onde regresaremos a Monforte e Sober en bus despois de xantar.

Grazas á Asociación As Abelairas do Brollón, imos poder xantar nunha adega tradicional e despois poderemos ver algunhas adegas por dentro.

Cada participante levará a súa comida. O prezo do bus é de 2 € para persoas asociadas e 6 € para o resto.

Deixar un comentario