Comezamos coas boas prácticas na nosa horta: sábado, 20 de abril.

O sábado, 20 de abril de 2013, temos a primeira xornada de aprendizaxe de boas prácticas agrícolas na nosa horta comunitaria.
Será ás 16:00 h no lugar dos Navás, en Anllo San Martiño. A horta vese dende a carretera Sober-Os Chancís. Ver no mapa aquí.
Por se alguén non sabe como ir, quedaremos tamén en Sober ás 15:45 h, diante do Concello.
Nesta primeira sesión, faremos e falaremos do seguinte:
– Preparación do terreo.
– Deseño xeral da horta. 
– Elaboración de bancais.
– Sistema de rego.
– Elaboración de compost.
– Abonado.
– Acolchado.
– Planificación da plantación e obxectivos xerais.
Recoméndase traer uns guantes.
Podedes contactar en coladodovento@gmail.com e 636129233

2 respostas a “Comezamos coas boas prácticas na nosa horta: sábado, 20 de abril.”

  1. Ola! Gostaríame participar na xornada, teño que anotarme nalgures o é libre? Gracias!

    Gústame

  2. E libre, si. Nesta primeira xornada tamén imos ver que grupo nos xuntamos. Con aparecer xa está.

    Gústame

Deixa unha resposta a Paula G. Cancelar a resposta