Nova directiva e plan de traballo para 2015-2016

O 31 de xaneiro de 2015 tivemos a Asemblea Xeral anual do Colado do Vento, na que se diu conta do traballo destes dous anos 2014 e 2015, valorándoo moi positivamente e analizando as cuestións que se poden mellorar.
Entre estas, acordamos:
– Facer unha mellor planificación das actividades, como mínimo de xeito trimestral, de forma que cada persoa socia teña un calendario das actividades. Intentarase facer un planning semestral de actividades.
– Mellorar a presenza na rede cunha páxina web ben deseñada, de fácil acceso e onde verquer a gran cantidade de contidos dos que dispón a asociación.
Tamén se presentou un balance das contas da asociación, que neste momento conta con 62 persoas asociadas.
O exercicio foi rematado con superávit.
Procedeuse a renovar a Xunta Directiva, conforme ao mandado dos Estatutos, pero mantendo, coma sempre, o espíritu colaborativo polo cal existe unha equipa de persoas que colabora en distintas cuestións, exercendo a directiva simplemente a función de coordinación.
Para 2015-2016, a Xunta Directiva do Colado do Vento estará conformada por:
– Presidenta – Paula Vázquez Verao
– Vicepresidente – José María Lago Bornstein
– Secretaria – Julia Fernández Garza
– Tesoureira – Teresa Grau
– Vocais – Rosana Prieto, Ramón Sandoval, Javier Vivirido
A composición da Xunta Directiva e o plan de traballo para 2015-2016 foi votado por unanimidade.
Avanzamos as liñas mestras de traballo para estes dous anos, incluíndo algunhas propostas concretas, que se poden consultar aquí
A Asociación debe facerse consciente de que habitamos unha comarca envellecida e cunha gran crise demográfica. Sen xente non hai cultura nin posibilidades de vivir o patrimonio, polo cal centraremos tamén os nosos esforzos en traballar sobre alternativas de vida e traballo no rural, concienciación sobre os problemas sociais da zona e relación co resto de asociacións da comarca.

Deixar un comentario