P { margin-bottom: 0.08in; }A:link { }
Asociación Cultural, que está radicada nun tempo e nun lugar, a Terra de Lemos, cuns problemas sociais aos que non é allea.
Somos sociedade que queremos un patrimonio para vivilo. Porque nós sabemos da función social, cultural, económica e de dignidade colectiva que pode desempeñar o noso Patrimonio.
Cómpre entender a riqueza patrimonial coma un valor social, coma un legado do que responsabilizarse e que pode xerar identificación da comunidade que perciba estes bens como valores comúns e para o común.
LIÑAS DE ACTUACIÓN 2015-2016
– GRANDES XORNADAS
Citas puntuais ao longo do ano, completas, con variedade de aspectos. Programadas con antelación.
– A pegada de Roma: xornada para interpretativa sobre a minaría romana en Quiroga e no Courel.
– Itinerario interpretativo polas minas de Freixo.
– Pensar en deseñar algún tipo de roteiro polo Monforte de “Lois Pereiro”.
– IX Encontro á luz da lúa.
– Visita á zona de Lobios-Entrimo.
– Ruta das antigas cererías no Paraño.
– RUTAS DE SENDEIRISMO
– Roteiro pola Teixeira.
– Ruta pola península do Morrazo.
– Preparación dunha ruta por Sober para Vía Auria.
– Coñecer elementos naturais interesantes ou en perigo.
– AS PARROQUIAS
– Un día en Gundivós, con visita ao castro.
– Unha visita a Pinol.
– Xornada poética en Barantes.
– LIMPEZA E REIVINDICACIÓN DE PATRIMONIO ESTRAGADO “turismo rural con fouce”
– Cividade.
– Reivindicación da restauración das pinturas de Pinol (coa visita a Pinol).
– PATRIMONIO INMATERIAL
– Recollida de microtoponimia: Barantes…
– Recollida de memoria oral diversa.
– SAÍDAS PERIÓDICAS A COÑECER O PATRIMONIO DA ZONA
Quedadas para visitas a lugares próximos, en coches particulares, co fin de coñecer elementos do noso Patrimonio máis achegado. Quedadas informais.
– Museo do Ferrocarril e patrimonio ferroviario de Monforte.
– Visita a ríos e regatos da comarca.
– Mosteiro de Oseira e zona.
– Monforte básico: Torre da Homenaxe, casco histórico, Clarisas, Nosa Señora da Antiga…
– O Courel.
– Catedral de Ourense.
– Románico de Carballedo e Taboada.
– Mazo de Penacoba.
– San Paio da Abeleda.
– Ruta ferroviaria entre Canaval-San Pedro e camiñata a Pombeiro-Santo Estevo.
– Torbeo.
– Montederramo.
– Ecomuseo Arxeriz.
– HORTA
Mantemento do traballo na horta de boas prácticas e da súa labor de concienciación.
– OPORTUNIDADES DE VIDA DIGNA NO RURAL E SOLIDARIEDADE
Colaborar e aportar no deseño de oportunidades de traballo e vida na zona.
– Concienciar sobre o alugueiro de casas e boas prácticas de rehabilitación.
– Saberes e oficios tradicionais que poden ser oportunidade de emprego: xornada do xabón…
– Colaborar con recollidas de alimentos e necesidades básicas.
– RELACIÓN CON OUTROS COLECTIVOS E ASOCIACIÓNS
– Xuntanza coas asociacións de defensa do Patrimonio da comarca e estabelecemento dunha colaboración.
– Coordinación das asociacións galegas do Patrimonio.
– Realizar xornadas con outros colectivos.
– CONFERENCIAS
– Sobre a emigración galega en América.
– Continuar o ciclo “Falamos de”: charla sobre a industria farmacéutica…
– Proxección “A volta dos 9”.
– Presentacións noutros lugares do traballo sobre o viño.
– Sobre a crise demográfica do interior galego.
– Traballo sobre os cruceiros.
– COMUNICACIÓN E DIVULGACIÓN
– Impulsar o espazo web sobre o Románico de Lemos.
– Páxina web que concentre todos os contidos do Colado do Vento.
– Aprendermos a catalogar elementos cunha cámara-teléfono que os sitúe nas coordenadas gps.
– Contribuír no catálogo colaborativo Patrimonio.net











Deixar un comentario