P { margin-bottom: 0.08in; }A:link { } Hai que anotarse antes do sábado, 30 de maio, ás 12 h, en: 674473695 ou coladodovento@gmail.com
Prezo por persoa (inclúe visitas e transporte):
– socia – 8 €
– non socia – 15 €
Saída do transporte:
– Monforte: 8:45 h nas “casiñas” da Compañía
– Sober: 9:00 h diante do Concello
PROGRAMA E VISITAS
* Aprox. 11:00 h – Ruta de Queguas. 6,5 km
Partindo de Queguas, pasa pola Casa da Moura (mámoa).
En Queguas atópase un conxunto de hórreos.
(Quen non desexe facer a ruta quedará na localidade de Entrimo, onde pode visitar o museu e a igrexa de Santa María a Real.)
* Aprox. 15:00 h – Xantar en Entrimo.
Menú do día a escoller en varios restaurantes.
Como estamos anotada pouca xente, reservaremos ao chegar e cada persoa pagará a súa comida.
Despois de xantar, visitaremos:
– “pedras cabaleiras”, “Pica da Illa”, na parroquia da Illa.
– miradoiro de Olelas.
– Castelo do Castro Laboreiro e museu (aprox. 18 horas), en Melgaço.
* A visita a Bande (Aquis Querquennis e Igrexa de Santa Comba) realizarémola outro día, pois esta fin de semana son as festas do peixe de Bande e non hai disponibilidade de visitas guiadas.

Deixar un comentario