Conferencia: A vila de Monforte e a Terra de Lemos na Idade Media

O 14 de novembro de 2025 (venres), Luís Manuel Ibáñez Beltrán impartirá unha conferencia titulada: A vila de Monforte e a Terra de Lemos na Idade Media.

Será na Casa da Cultura de Monforte ás 20 horas. Entrada libre, non cómpre anotarse.

A actividade está organizada en conxunto polas Asociacións O Colado do Vento e Amigos do Patrimonio de Lemos.

Trátase do mesmo tema que a tese doutoral do autor, publicada en 2020, que se pode consultar on-line aquí.

Deixar un comentario