Mesa Redonda: Patrimonio Forestal e Intervención Humana

A asociación cultural O Colado do Vento organiza en Sober unha Mesa Redonda sobre Patrimonio Forestal e Intervención Humana.

A actividade celebrarase o vindeiro día 21 de novembro, venres, na Casa da Cultura de Sober, ás 18:30 h, e contará coa presenza de José Vicente Barcia Magaz, do Proxecto Guardabosques, Isabel Aguirre de Úrcola, Arquitecta e Paisaxista, Luís Fernández Guitián, Alcalde de Sober, e Felipe Castro López, Axente Medioambiental.

Os lumes do pasado mes de setembro na ribeira do Cabe foron unha mostra máis da necesidade de reflexinar sobre o noso territorio e o problema dos incendios forestais, agravados pola mudanza climática. Dende O Colado do Vento queremos contribuír ao debate social sobre cómo abordar este problema, sobre as súas causas e solucións.

Deste xeito, queremos convidar a toda a cidadanía, especialmente a Asociacións Veciñais e Comunidades de Montes, a esta reflexión colectiva na que, ademais da exposición das persoas ponentes, haberá tempo para o debate.

A entrada é libre ata completar aforo.

Deixar un comentario