Charla sobre a Orde do Temple en Canaval

Comezamos 2026 cunha charla sobre a presenza da Orde do Temple en Canaval e a súa influencia nas parroquias da contorna, ao cargo de Almudena Bouzón, doutora en Historia coa tese La Orden del Temple en el Reino de Galicia en la Edad Media.

Será no local social da parroquia de Canaval (detrás da estación, cerca da igrexa) ás 17 h o sábado 24 de xaneiro. Ao remate da charla, visitaremos a igrexa de Canaval.

É unha actividade organizada xunto coa Asociación Segredos de Pantón, a quen lle agradecemos o traballo.

Así mesmo, moitas grazas tamén á Asociación Veciñal de Canaval pola colaboración co local e a igrexa.

Pódese acceder á Tese Doutoral

Deixar un comentario