Andaina circular entre Proendos, Millán, Rosende e San Martiño de Anllo

O domingo 22 de marzo, temos andaina por varias parroquias de Sober.

Será un percorrido circular moi sinxelo que nos levará polos lugares de Centeás – Casares – Casas Grandes – Naz – Bretonía – Castaxúa – O Campo – Doade – Corvelle – Francos, nas parroquias de Proendos, Millán, San Martiño de Anllo e Rosende.

De gran interese botánico, etnográfico e histórico, por camiños tradicionais.

Punto de encontro: piscinas de Sober.

10:00 horas da mañá.

Andaina circular moi sinxela.

Non cómpre inscribirse. Chega con estar uns minutos antes. Pero, se non eres socio/a do Colado do Vento, avísanos se vas vir para ter unha previsión (coladodovento@gmail.com).

Deixar un comentario