veraopaula
-
Presentación do libro: Crónicas históricas de la villa de Monforte
O novo e documentado traballo de José María Lago Bornstein preséntase este venres, día 25 de outubro, na libraría Agrasar de Monforte. Será ás 20 horas. Tamén se presentará “Ediciones La Rectoral”.
-
Imos coñecer os petróglifos de Campo Lameiro
O domingo, día 22 de setembro, imos ir dende Sober a coñecer os petróglidos de Campo Lameiro, un dos conxuntos máis espectaculares de Europa en canto a arte rupestre. Sairemos ás 9 horas da praza do Concello de Sober (8:50 h na praza da Compañía en Monforte) e iremos en bus, polo que cómpre anotarse…
-
Presentación das actividades do Colado do Vento na Feira do Libro de Monforte
O mércores 21 de agosto, o Colado do Vento participamos na presentación da Feira do Libro de Monforte facendo unha presentación das nosas actividades. Será ás 21 horas na zona da feira. * Aquí pode descargarse o programa da feira.
-
Elaboración de remedios tradicionais
Este sábado, as persoas participantes na horta comunal do Colado do Vento elaboraron remedios tradicionais coas herbas colleitadas e recolectadas na horta e inmediacións. Fixemos: – tintura de milenrama – aceite de hipérico – crema de caléndula – tintura de caléndula con follas de frambuesa Se desexades formar parte da “familia” da horta comunal,…
-
VIIº Encontro á luz da lúa – 2013
Atoparémonos no Centro de Interpretación (hoxe bar) dos Chancís, sobre as nove da noite, o sábado, 20 de xullo, para tomar algo e ir comezando a noite. [Cada persoa fará unha pequena aportación polos pinchos. Non é preciso anotarse.] Logo, as actuacións e paradas realizaranse no entorno dos Chancís, con especial interese na Cova…
-
Sábado 29: horta e elaboración de aceite de hipérico.
Este sábado, 29 de xuño, iremos á horta ás 18 horas. Programa: – Labores de mantemento. – Identificación de plantas e usos. – Pequeno coloquio sobre a marcha do traballo e suxerencias de actividades de cara o futuro. – Recollida da herba de San Xoán e elaboración de aceite de hipérico de tantas e tan…
-
Unha horta ten que saber que é unha horta: a nosa horta comunal.
Mar Sabater cóntanos a experiencia da nosa horta comunal de boas prácticas, na que podedes participar todos os sábados ás cinco da tarde en Arxemil. Mar é quen nos guía nesta estupenda aventura da horta e ten unha magnífica horta en Santiago de Cangas (Pantón), onde vive. Mar Sabater explicando algo sobre a horta. P…
-
Visita cultural a Valdeorras: 30 de xuño.
O domingo 30 de xuño de 2013 imos de visita a zona de Valdeorras. Sairemos en bus dende Sober ás 9:00 horas (praza do Concello), parando en Monforte (gasolineira en fronte do Día) ás 9:15 horas. Hai que anotarse en coladodovento@gmail.com ou 636129233 antes do mércores, día 26 de xuño. Valencia do Sil MAÑÁ –…
-
Horta: sábado, 15 de xuño: visita a unha horta ecolóxica.
A horta continúa o seu camiño, xa vedes que bonita está.Este sábado, 15 de xuño, quedamos ás 17 h na gasolineira de Ferreira de Pantón para ir visitar a horta ecolóxica de Mar Sabater, en Santiago de Cangas.