veraopaula
-
Rastrillo de Monforte o domingo 17 no barrio de Carude.
Este domingo, o Rastrillo de Monforte estará na praza de Carude. Aproveitade a festa do San Lázaro e pasade por alí. O blogue do Rastrillo: http://rastrillomonforte.wordpress.com
-
Un dóce típico: vixiga ou tripón
A vixiga é un dóce típico que recibe ese nome porque tradicionalmente se usaba como continente para facelo cocido nunha pota esa parte do porco. Dende hai tempo faise no forno en latas ou en moldes de cociña. INGREDIENTES – Leite (un litro de leite por cada 6 ovos) – Ovos (6 ovos por litro…
-
Éxito da xornada do pan e do queixo: aprendizaxe e moita festa.
O domingo, 3 de marzo, unhas cuarenta persoas desfrutamos en Neiras dunha xornada para aprender a facer pan e queixo ao xeito tradicional. As oficiantes, Carmen e Manola, amosáronnos a técnica do amasado, o proceso completo de cocer pan e empanada, cómo facer queixo só con leite e a técnica da rosca, e aínda…
-
Queixo e pan: Iª xornada dos saberes tradicionais.
Xornada para aprender a facer pan e queixo ao xeito tradicional. Iª xornada en torno aos saberes tradicionais. Faremos pan, empanada e dóces tradicionais, incluída a rosca. Aprenderemos a amasar e enfornar. Mentras leveda o pan, aprenderemos a facer queixo artesán, así como manteiga, do leite mazado. Mentras se cocen os manxares que temos no…
-
Ruta pola ribeira Sil: de Lobios aos Chancís.
O Club Acivro facilítanos en Wikiloc unha ruta pola ribeira do Sil que van realizar en marzo, co itinerario deseñado por Alfonso e Óscar da nosa asociación. A ruta ten 23 km. Podedes acceder aquí ao perfil e á ruta en Wililoc.
-
Novo equipo directivo do Colado do Vento e plan de traballo para 2013.
Na Cova das Choias, en setembro de 2010. Na asemblea xeral da nosa asociación cultural “O Colado do Vento”, celebrada o sábado, 12 de xaneiro de 2013, en Cadeiras, escolleuse o novo equipo directivo, tras esgotarse o periodo de dous anos que estatutariamente lle correspondía á anterior Xunta Directiva. O inmenso traballo destes dous últimos…
-
Bo Nadal e Asemblea Xeral e cea anual do Colado!
Coma todos os anos, toca asemblea xeral anual e paparotada de Nadal do Colado do Vento. Esta tempada será o 12 de xaneiro de 2012. Cea ás 21:30 horas no mesón de Cadeiras. Asemblea despois da cea. Temas: estado de contas do ano 2012 – renovación da xunta directiva – planificación de actividades do ano…
-
O cruceiro da Pena de Proendos, por Xosé Lois García.
Coas miñas andanzas polas terras de Sober un nunca chega a facerlles unha verdadeira descuberta, por tanta oferta natural, histórica, arqueolóxica e artística que atesoura este espazo. Aínda que sempre me auxilia un bo e grato amigo, Alfonso Campos, que me leva ás emerxencias mais autorizadas desta terra do sur da provincia de Lugo. Hai…
-
Travesía Doade-Augas Mestas.
Imaxe da ruta en outono (foto: Alejandro, Club Acivro). No ano 2011, O Colado do Vento impulsou a realización dunha ruta de sendeirismo pola ribeira do Sil, entre Doade e Augas Mestas, coa colaboración da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo. Un ano despois, a ruta cumple as expectativas de camiñantes,…
-
Antigamente falaban os burros e outras historias.
O venres día 30 colaboramos nas fantásticas Merendas con Contos da Biblioteca Pública do Concello de Sober coa xornada “Antigamente falaban os burros e outras historias”, para saber sobre a nosa tradición oral. Participade!
