veraopaula

  • O Trícole na revista oral nº 28 do Museo de Lugo (Pazo das Musas) – 29 de decembro

    Xoves, 29 de decembro de 2011. Revista oral de periodicidade trimestral, editada polo Museo Provincial de Lugo (Rede Museística da Deputación de Lugo). Hora: 20 horas. Lugar: Sala de Exposicións Pazo de San Marcos (sede da Deputación). SUMARIO – Revista oral nº 28  Portada musicalCamiña don Sancho (Romance), por O Trícole (3’) Cruceiros singulares da…

  • O proxecto do "Atlas do viño".

    Estes días, as xentes do Colado do Vento, sobre todo Javier e Paco, andamos atarefadas en facer enquisas sobre a forma tradicional na que se cultivaba o viño en toda a zona que hoxe é a DO Ribeira Sacra.  Para xuño, teremos o traballo rematado e poderemos divulgar todos os coñecementos que estamos recopilando. Participamos…

  • Ruta pola zona do río Loio [30-10-2011]

    Grazas á socia do Colado do Vento, Rosana Prieto Florines, o domingo, 30 de outubro, poderemos desfrutar dunha ruta guiada pola zona do río Loio. * Saída de Sober: 9:15 horas – En coches particulares (organizarémonos para levar os menos posibles). Programa da visita (os horarios son aproximados). *  10:10 horas – Visita á igrexa…

  • Polafía no Pazo de Tor [22 – outubro – 2011]

    Sábado, 22 de outubro de 2011, ás 6 da tarde. Música, contos, cantos e memoria das tradicións do propio pazo e dos arredores. Coa participación de Mini e Mero, O Trícole, Isidro Novo, Alfonso Campos, Ángeles Rivada González, Marisa Álvarez e moitas veciñas e veciños da contorna co seu saber contar e cantar. Entrada de…

  • Presentación da obra poética completa de Xosé Lois García [18-10-2011]

    O martes 18 de outubro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Praza de España, 2) de Monforte, preséntanse Por ninguén aloumiñada e No sangue dos bardos, os dous tomos que conforman a obra poética completa de Xosé Lois García, publicados en Toxosoutos. No acto, acompañando ao autor, participa Camilo Gómez Torres, prologuista da obra.

  • crónica: Viaxe a Parada de Sil (2-10-2011)

    Vista dende o miradoiro de Cabezoás. Un domingo post-vendimas, co corpo aínda delorido, marchamos algunha xentiña de Sober – e arredores – de visita á outra beira do país ribeirao: as terras de Parada de Sil. Canón do Mao. Sabida é a unidade paisaxística e histórico-cultural que conforman ambas marxes do canón do Sil, por…

    crónica: Viaxe a Parada de Sil (2-10-2011)
  • RÍO SIL: HISTORIA DUN SOÑO

    * No ano en que se cumplen 20 anos de andaina do Deportivo Río Sil colgamos a historia dos dez primeiros anos do equipo (1991 – 2001), escrita polo socio do Colado do Vento e impulsor do Río Sil Ramón Sandoval, agardando que o cronista complete o relato coa historia da segunda década do Río…

  • SOLPOR MUSICAL EN SANTIAGO DE CANGAS

    Concerto de corda pola agrupación musical “Campo de Estrellas”. – Violín primeiro – Francisco Javier Fernández Places– Viola – María Santos Fernández– Contrabaixo – Alberto Rodríguez Arrojo Convídavos a asociación O Colado do Vento, coa xenerosidade de Alfonso e de Paco e Mar. Casa Reitoral de Santiago de Cangas.21 de agosto de 2011.20:00 horas. Estades…

  • fotos da actuación de Palimoco Teatro – MUÍÑOS DA XABREGA

    Veu Palimoco Teatro a Sober co espectáculo de contos tradicionais galegos Queres que cho conte? e deixou cun sorriso nos beizos a nenos e nenas de todas as idades que se achegaron aos muíños da Xabrega.  Foi unha actividade organizada polo Colado do Vento e patrocinada pola Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.…