veraopaula
-
Catro novos achádegos de penas con petróglifos en Sober
En Sober, a xente do Colado do Vento temos aínda por publicar unha ducia de penedas con petróglifos que non foran aínda catalogadas. A maioría, como os tres puntos que vos presentamos hoxe, foron atopadas por Óscar Alonso, de Veliños, mentras ía de paseo polo monte na procura dos prezados cogumelos. Trátase, no caso que…
-
Travesía Doade – Augas Mestas (información e mapa).
No ano 2011, O Colado do Vento impulsou a realización dunha ruta de sendeirismo pola ribeira do Sil, entre Doade e Augas Mestas, coa colaboración da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo. A ruta cumple as expectativas de camiñantes, polas súas fantásticas vistas e interese natural e etnográfico, pero precísase mellor…
-
IX encontro á luz da lúa: en Cadeiras o 1 de agosto de 2015
Un ano máis – e xa van nove – O Colado do Vento organiza o “encontro á luz da lúa”, singular xornada nocturna na que compartimos contos, cantos, saberes, poemas ou o que cada quen desexe. Este ano contamos coa presenza dos grupos de Sober The Carallos e O Trícole, e cunha violonchelista, Paula. Ademais,…
-
Ruta de sendeirismo e xornada de praia no Morrazo
Data: domingo, 19 de xullo. Horas e puntos de saída: 8:00 h – Diante da Casa do Concello de Sober. 8:40 h – Rotonda fronte ao IES AS Lagoas, Ourense. 10:20 h – O Hío, Cangas. Sairemos pouco despois das 10:30 h do Hío para facer unha ruta de sendeirismo pola península do Morrazo, de…
-
Chamamento dende a horta
Na horta comunal de boas prácticas que o Colado do Vento temos nos Nabás (Arxemil), ademais de convidarvos a participar, estamos pensando en facer un pequeno espazo para gardarse do sol e descansar. Así, decidimos reciclar materiais usados, e é por iso que vos precisamos. Se tedes bamcos, cadeiras, uralita ou un invernadoiro pequeno que…
-
Presentación de estudo sobre Xosé Lois García en Chantada
Mércores, 8 de xullo, ás 20:10 h na Casa Sindical de Chantada.
-
A caza do Patrimonio por Sober: crónica da xornada
O domingo, 21 de xuño de 2015, a xente da Asociación O Colado do Vento achegámonos a distintos puntos con elementos patrimoniais en Sober coa finalidade de coñecer e divulgar o noso Patrimonio, así como analizar o estado de conservación e comprender o entorno no que se sitúa. Esta xornada de “cacería” do Patrimonio foi…


