veraopaula
-
Belotada: iniciativa de reforestación na ribeira do Cabe.
Queremos divulgar unha actividade das asociacións veciñais da ribeira do Cabe, coa que colaboramos: trátase dunha “belotada”, unha iniciativa de reforestación da Ribeira do Cabe. No documento pdf adxunto tedes toda a información para poder colaborar.
-
Mesa Redonda: Patrimonio Forestal e Intervención Humana
A asociación cultural O Colado do Vento organiza en Sober unha Mesa Redonda sobre Patrimonio Forestal e Intervención Humana. A actividade celebrarase o vindeiro día 21 de novembro, venres, na Casa da Cultura de Sober, ás 18:30 h, e contará coa presenza de José Vicente Barcia Magaz, do Proxecto Guardabosques, Isabel Aguirre de Úrcola, Arquitecta…
-
Conferencia: A vila de Monforte e a Terra de Lemos na Idade Media
O 14 de novembro de 2025 (venres), Luís Manuel Ibáñez Beltrán impartirá unha conferencia titulada: A vila de Monforte e a Terra de Lemos na Idade Media. Será na Casa da Cultura de Monforte ás 20 horas. Entrada libre, non cómpre anotarse. A actividade está organizada en conxunto polas Asociacións O Colado do Vento e…
-
Viaxe a Vigo: Museo Liste e Rande
En outubro de 2025 visitamos a zona de Vigo. A primeira parada foi o Museo Liste, onde as persoas participantes quedaron satisfeitas coas estupendas explicacións que nos deron Victoria e Rocío, que foron moi atentas e nos trataron con moito agarimo. Ambas agasalláronnos cun delicioso aperitivo, xunto con fermosos eloxios para a xente de Sober…
-
Viaxe a Meira e Viladonga
O domingo 23 de marzo de 2025 a Asociación Cultural O COLADO DO VENTO visitamos Meira e Viladonga. En primeiro lugar, realizamos unha magnífica visita guiada á igrexa de Meira – do antigo mosteiro cisterciense -, da man da técnica da Oficina de Turismo de Meira. O mosteiro foi fundado a mediados do século XII,…
-
Un bifaz en Lobios e unha lasca en Proendos? Novos achádegos paleolíticos en Sober
Este ano 2015, atopáronse en Sober dous novos achádegos que, moi probablemente, pertencen ao Paleolítico: un bifaz e unha lasca, útiles de cuarcita. Ambos obxectos estarían datados no Paleolítico Inferior, pertencendo ao conxunto de industrias achelenses do Pleistoceno Medio, ou Modo 2, (620.000 – 300.000 anos antes do presente), elaboradas polas comunidades de Homo Heidelberguensis.…
-
Catro novos achádegos de penas con petróglifos en Sober
En Sober, a xente do Colado do Vento temos aínda por publicar unha ducia de penedas con petróglifos que non foran aínda catalogadas. A maioría, como os tres puntos que vos presentamos hoxe, foron atopadas por Óscar Alonso, de Veliños, mentras ía de paseo polo monte na procura dos prezados cogumelos. Trátase, no caso que…
-
Travesía Doade – Augas Mestas (información e mapa).
No ano 2011, O Colado do Vento impulsou a realización dunha ruta de sendeirismo pola ribeira do Sil, entre Doade e Augas Mestas, coa colaboración da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo. A ruta cumple as expectativas de camiñantes, polas súas fantásticas vistas e interese natural e etnográfico, pero precísase mellor…
-
IX encontro á luz da lúa: en Cadeiras o 1 de agosto de 2015
Un ano máis – e xa van nove – O Colado do Vento organiza o “encontro á luz da lúa”, singular xornada nocturna na que compartimos contos, cantos, saberes, poemas ou o que cada quen desexe. Este ano contamos coa presenza dos grupos de Sober The Carallos e O Trícole, e cunha violonchelista, Paula. Ademais,…








