veraopaula
-
ROTEIRO: RIBEIRA DO AMANDI 31-MAIO-09
http://widget-5b.slide.com/widgets/slideticker.swf Partimos de Souto Chao, con vistas á Pena do Castelo, por pistas entre as viñas, deixando atrás o castro das Borreas ata chegar á Tenencia, en Amandi. Ca Castrela á esquerda, fomos baixando ata o miradoiro dos Chelos, para coller logo outra pista que nos levou ata o Souto de Chanteiro, localización dunha vila…
-
Sober, maio de 2009. O 31 de maio, imos de camiñata pola ribeira de Amandi, nun percorrido que discorre a carón do Sil polas parroquias soberinas de Doade, Amandi e Pinol; 8 quilómetros con inicio en Souto Chao e remate en Cadeiras, onde xantaremos. Os elementos de interese deste roteiro son a beleza da natureza,…
-
ENQUISA: ACTIVIDADES DO 2008
Dende O COLADO DO VENTO queremos avaliar o grao de interese que espertaron as nosas actividades na sociedade. Para iso, habilitamos neste recanto da Rede unha enquisa sobre as actividades e proxectos acometidos pola Asociación durante o ano 2008. Podedes participar enviando as respostas á enquisa á dirección de correo paulaverao@hotmail.com. Entre as respostas enviadas…
-
ABRIL: MES DOS LIBROS
ENCONTRO LITERARIO CON LOIS DIÉGUEZ 22-abril-2009 XORNADA DE LECTURA COMPARTIDA 25-abril-2009 * Actividades do Club de Lectura “Pintor de Castinade” da Biblioteca Pública Municipal de Sober.
-
GALICIA TRIP
Este será o álbum de viaxes do Colado do Vento por Galicia (a real, non a administrativa), estampas do país que pretenden ser reflexo da riqueza cultural, natural e humana da nosa terra. Pódense ver fotos e descripcións no seguinte enlace: GALICIA_TRIP
-
Un pouquiño de tradición oral (II)
O COLADO DO VENTO edita, ca colaboración do Grupo O TRÍCOLE, o segundo volume do libriño Un pouquiño de Tradición Oral no Concello de Sober II, escolma de lendas, contos, cantos e outras formas de Cultura oral recollidas das xentes de Sober. Xa está lista a edición en papel desta obra, que recibe unha axuda…
-
FOTOS VISITA Ó ROMÁNICO
http://widget-18.slide.com/widgets/slideticker.swf O domingo 26 de outubro a Asociación Cultural O COLADO DO VENTO, de Sober, organizou unha visita ás cinco igrexas románicas, ou que conservan elementos románicos, de Sober: Canaval, Proendos e Bolmente, pola mañá, e Pinol e Lobios pola tarde.A actividade, á que asistiron cincuenta persoas, tivo como leit motiv a Arte Románica mais,…
-
VISITA Ó ROMÁNICO DE SOBER
Visita ás cinco igrexas de Sober con Románico. Domingo, 26 de outubro de 2008. · Mañá – Románico de Canaval, Proendos e Bolmente. · Tarde – Románico de Pinol e Lobios. · Xantar e bus – 8 €. · Saída: 10:45 de Monforte (Casitas da Compañía); 11:00 de Sober (Praza do Concello). * Necesaria inscripción…
-
VÍAS DE COMUNICACIÓN
Estación de tren de Canaval. As vías actuais de comunicación co exterior son, por estrada, a N-120, que enlaza Ponferrada e Ourense-Vigo, e as estradas comarcais que enlazan con Monforte, Pantón e Castro Caldelas; por ferrocarril, Sober é atravesado polo norte pola vía férrea entre Monforte e Ourense, contando cunha estación en Canaval e un…
-
CRÓNICAS DA NOITE Á LUZ DA LÚA 2008
No marco do que dimos en chamar IIº Roteiro Músico-Poético á luz da lúa, o pasado sábado, 19 de xullo, visitamos a Pena do Castelo, en Doade, o Souto do Tellada, gran conxunto de castiñeiros centenarios na parroquia de Lobios) e o miradoiro de Cadeiras, Pinol. En cada paraxe, os asistentes, perto de 40 persoas,…
