veraopaula
-
O SANTUARIO DE OUTEIRO
Houbo un tempo en que Cadeiras era tan alto como a Cabeza da Meda; era unha montaña alta. En Outeiro había un santuario moi grande cunhas campás de ouro. Un día veu un volcán de auga moi grande e asulagou todo, quedando enterrado o santuario e as campás. Se se peta na entrada da casa…
-
-
BIBLIOGRAFÍA TRADICIÓN ORAL
– Asociación Cultural O Trícole; Un pouquiño de Tradición Oral no Concello de Sober. O Colado do Vento Ed. 2002.
-
A CABRA DO CURA
Había unha vez, nun pequeno pobo, un matrimonio pobre que tiña moitos fillos. Como a xente fala, ás veces, por falar, contábase nas tertulias que os fillos eran do cura.Resulta que o cura tiña unha cabra. Unha cabra gorda, ben mantida.Certo día, ó pobre home daquel pobre matrimonio ocorréuselle roubala para ter algo consistente que…
-
PETROGLIFOS DE SOBER
Por Alfonso Campos Pérez limiarCando eramos pequenos, as nosas nais levábannos a ver o sol, a lúa e as estrelas debuxadas naquelas pedras do Xestal, e mirabamos arroubados o sol grandichón, a lúa máis pequeniña e as aínda máis cativas estrelas, repartidas por toda a pedra, como puntiños escavados na rocha. E criamos ver un…
-
PETROGLIFO DA TAPADA DO MONTE
Anllo Santo EstevoMotivos: círculos, sucos, cruces, cruces inscritas e cadrados, dubidoso motivo semellante a un ídolo-cilindro cunha paleta.Esta pedra esquistosa dende a que podemos oír as augas do Baldeiros, é un caso singular, polo tipo de soporte pouco habitual, e, ó mesmo tempo, encadrable na tipoloxía xeral das estacións rupestres galegas con gravados xeométricos: discreta…
-
PETROGLIFO DOS CÓTAROS
FigueiroáMotivos: círculos concéntricos, sucos, coviñas.Cando nos achegamos a ela, foi o Gonzalo do Cuñas, o noso guía, falando do divino e do humano, mentres tratabamos de orientarnos ata onde estaba, medio perdida entre a broza mesta. Sabía o Gonzalo engadirlle algo da súa colleita ás vellas historias. Sinalounos co caxato un lugar húmido onde a…
-
PETROGLIFO DE PRADOS
FigueiroáMotivos: coviñas. Figuraba catalogado un petroglifo pola zona chamado “Coviñas dos Toxaes”. Despois dun rastrexo polo lugar sinalado con coordenadas U.T.M., abandónase a pescuda para seguila máis ó leste, xunto duns lameiros, a carón do regato Pesavedra. A búsqueda polas penas que máis resaltaban na paisaxe non deu resultado. O arqueólogo, máis experimentado, buscándoa nas…
-
COVIÑAS DO MONTE DO CURA
Millán Motivos: coviñas. Cando se presentan soas coviñas e sucos son difíciles de catalogar pola simplicidade formal, polo amplo abano do tempo abranguido, pola universalidade da súa representación con significados distintos segundo a cultura de pertenza, ó longo do tempo e do espacio. As coviñas do Monte do Cura, situadas sobre un mirador natural aberto…