veraopaula

  • Ruta polo río Antiga (O Incio) en wikiloc

    Deixámosvos o percorrido desta ruta de apenas 2 km polo río Antiga, a principal fonte do Cabe. Trátase do percorrido polo tramo onde fica seco o cauce do río; “desaparece” nos meses de verán baixo a terra, nunha zona calcárea, e volve aflorar na fonte do Arnada. Trátase do fenómeno da “resurxencia cárstica”. Pódese acceder…

  • Paseo polo río Antiga, no Incio

    Foto: Carlos Rueda. Na tarde do domingo, 31 de agosto, imos facer unha visita de gran interese natural ao Incio. Veremos como o río Antiga, unha das fontes principais do Cabe, “desaparece” nos meses de verán baixo a terra, nunha zona calcárea, e volve aflorar na fonte do Arnada. Trátase do fenómeno da “resurxencia cárstica”.…

  • VIII encontro á luz da lúa: no miradoiro de Santiorxo

    Un ano máis, no Colado do Vento queremos volver atoparnos nunha noite de luar para deixar que flúa a música, a poesía e a imaxinación. O encontro deste ano 2014 será no miradoiro de Santiorxo ás dez da noite do 9 de agosto. Este ano, probaremos a cervexa caseira que fixemos no curso de cervexa.…

  • O tórculo de Soto Freire

    P { margin-bottom: 0.08in; direction: ltr; color: rgb(0, 0, 0); widows: 2; orphans: 2; }P.western { font-family: “Times New Roman”,serif; font-size: 12pt; }P.cjk { font-family: “Times New Roman”,serif; font-size: 12pt; }P.ctl { font-family: “Times New Roman”,serif; font-size: 12pt; } De como veu parar o tórculo de Soto Freire ao Cima do Lugar e de como…

  • [crónica] Unha visita ao patrimonio megalítico do Saviñao

    Dolmen da Leira Rapada. O domingo 27 de xullo de 2014 tivemos cita co patrimonio megalítico do Saviñao. Nas parroquias deste municipio consérvanse evidencias de numerosos elementos megalíticos, por iso o escollimos como localización para achegarnos a este fenómeno construtivo, que se desenvolveu en Galicia dende os inicios da agricultura ata a primeiro milenio antes…

  • [crónica] Boa música na horta de boas prácticas

    Onte, 26 de xullo, pasamos unha estupenda xornada musical que serviu de presentación en sociedade da nosa horta de boas prácticas. Iria Estévez e Gonzo Piña, na voz e na guitarra, ofrecéronnos un excepcional recital de fado e outras músicas namentras o sol se poñía perto dos Chancís, en Arxemil.   Houbo tempo tamén para…

  • Ruta megalítica polo Saviñao

    O vindeiro domingo 27 de xullo de 2014 imos de ruta polos conxuntos megalíticos do Saviñao. Visitaremos: – dolmen de Abuíme. – mámoas de Os Pedrouzos. – ruta circular por Vilatán (2,35 km), para ver o dolmen da Leira da Rapada. [Pódese ver o perfil e percorrido da ruta en Wiki-Loc aquí]. Saídas (en coches…

  • Música na horta: Iria Estévez e Gonzo Piña o 26 de xullo nos Nabás.

    O 26 de xullo, para presentarvos a horta comunal de boas prácticas do Colado do Vento, temos un concerto de luxo: Iria Estévez e Gonzo Piña, de En Clave de Fado, ofrecerannos un concerto. Ás 8 da tarde na horta dos Nabás o vindeiro 26 de xullo. Ide reservando a data.

  • Xornada horta 5 de xullo e merenda nos Chancís

    Este sábado, día 5 de xullo, estaremos de novo na horta do Colado do Vento a partir das seis da tarde.  É día de  raíz, polo que plantaremos unhas sementes de cenoura que aínda temos pendentes. Faremos tamén un control dos bancais: pragas, limpeza, e, como non, recolleremos as leitugas, acelgas e fresas que xa…

  • Queixo fresco caseiro

    * Manola da Venta, de Neiras, explicounos paso a paso como facer queixo na casa. Fixémolo durante a xornada “Pan e Queixo” que organizamos en febreiro de 2013. Deixámosvos a explicación de como se fai paso a paso. Precísase entre un litro e dous litros de leite cortado (déixase cortar por si mesmo ou, para…

    Queixo fresco caseiro