veraopaula

  • Curso de cervexa artesá: 18 de maio

    Este domingo, 18 de maio, teremos un curso de iniciación á cervexa artesá. Por xentileza de Diego Xesús López González, que comparte connosco o seu saber desinteresadamente. A inscrición e participación no curso será gratis para persoas socias do Colado do Vento e custará 5 € para persoas non socias. Para anotarvos, enviade correo a…

  • Horta: sábado, 10 de maio de 2014

    Como este sábado é día de raíz imos plantar cenouras en recipientes reutilizados de “tetra-brick”. Temos que: – rematar un bancal. – colar o compost maduro e gardalo. – plantación. – comezar a limpar malas herbas. – limpeza dos camiños. – regar o plantado. – facer unha capa máis de compost.

  • Visita a Xunqueira de Ambía, Allariz e Augas Santas: 11 de maio de 2014

    Basílica da Asunción (Augas Santas). P { margin-bottom: 0.08inO domingo, 11  O domingo, 11 de maio de 2014, imos coñecer a igrexa de Santa María a Real, en Xunqueira de Ambía, a vila de Allariz e a parroquia de Augas Santas. Saída: 9:30 de Monforte (explanada da Compañía). Imos en autobús, polo que é preciso…

  • Visitas a Allariz (11 de maio) e Guimarães (1 de xuño)

    Datas con excursións ás que cómpre anotarse: ide reservando o día e enviade correo a coladodovento@gmail.com se queredes vir. – 11 de maio: visita a Allariz. Iremos a Santa Mariña de Augas Santas, veremos a vila de Allariz e algunha cousa máis pola zona. Imos en bus, por iso cómpre anotarse antes do 8 de…

  • Horta: 3 de maio de 2014

    O sábado día 3 é día de froito. O primeiro que imos facer é organizar como van ser as rotacións na horta este ano.  Imos abonar e plantar dous bancais: un para tomates “corazón de boi” e outro para cabaciños e cabazas. Vémonos ás 17 h en Arxemil. Para información da horta: coladodovento@gmail.com e 636129233

  • Calendario de actividades: primavera-verán 2014 (avance)

    Deixámosvos un primeiro avance coas datas dalgunhas das actividades da primavera e verán deste ano 2014. 11 – maio – Visita a Allariz. 18 – maio – Taller de cervexa artesá. 24 – maio – Taller de olería (?). 1 – xuño – Visita a Guimaraes, Portugal. 8 – agosto – VIII xornada á luz…

  • Horta de boas prácticas: comeza a tempada 2014

    Logo de acondicionar a nosa horta, mañá (sábado, 26 de abril) comeza a tempada de plantación na horta. Mañá abrirase un bancal e plantaranse porros, berzas, rúcula, acelgas e leitugas. A cita será ás 17 h en Arxemil, na horta comunal do Colado do Vento. Para calquera información para novo alumnado, podedes chamar ao 636129233…

  • Ruta por San Vitoiro-Covas-Muíño do Coxo (Pobra do Brollón)

    * A ruta en Wikiloc (aquí). O vindeiro domingo, 27 de abril de 2014, imos de ruta de sendeirismo pola Pobra do Brollón. É unha ruta que dura aproximadamente tres horas con ritmo lento, de dificultade media. Serán uns 8 km de percorrido, nunha ruta circular que sae de San Vitoiro, pasando por Covas e…

  • Crónica fotográfica crítica da visita á "Gándara Grande", Baamorto e Fiolleda (Monforte)

    – A lagoa da Gándara Grande, nas Lamas, Monforte A Gándara Grande (ou Gándara de Arriba) é unha zona de turbeira. As turbeiras son zonas húmidas con plantas adaptadas á auga nas cales a gran cantidade de materia vexetal morta se vai acumulando en capas sen descompoñense (por baixas temperaturas, falta de osíxeno), formándose a…

    Crónica fotográfica crítica da visita á "Gándara Grande", Baamorto e Fiolleda (Monforte)
  • Notas sobre a igrexa de Baamorto

    No ano 2005, a Asociación Amigos do Patrimonio de Lemos editou un folletiño para ilustrar a súa visita ás parroquias monfortinas de Baamorto e Valverde. Aproveitando que o domingo (6 de abril de 2014) imos a Fiolleda e faremos unha parada na igrexa de Baamorto, deixámosvos unhas notas sobre ela, sacadas da publicación citada. A…