ACTIVIDADES

  • A Asociación Cultural O COLADO DO VENTO tén o pracer de convidalo/a á presentación de folletos turísticos de RUTAS DE SENDEIRISMO por SOBER. Trátase de 8 rutas de sendeirismo por Sober, de escasa dificultade, das que se elaboraron trípticos con mapas, que percorren os puntos máis interesantes do Patrimonio soberino a todos os niveis (arqueolóxico-artístico-etnográfico-medioambiental).…

  • AGRADECEMENTO: III ROTEIRO Á LUZ DA LÚA

    Fomos case medio cento de persoas as que andivemos a noite do 7 de Agosto perdidos por Sober sen ver a lúa polo nubrado que había. Visitamos a Pena da Virxe en Cadeiras, o Castro das Penas en Arxemil e a Cova da Vella, nos Chancís. Ademais de poemas de Manuel María e Uxío Novoneyra,…

  • FOTOS DA VISITA AOS CASTROS

    * En breve estará a disposición na web un folletiño con fotos sobre os castros de Sober. A partir do 10 de Setembro pode reservarse un exemplar en papel. http://widget-2b.slide.com/widgets/slideticker.swf

  • PREPARANDO A VISITA AOS CASTROS

    http://widget-87.slide.com/widgets/slideticker.swf

  • VIAXE NO TEMPO AO MUNDO CASTREXO

    – Percorrido por distintos castros de Sober, achegándose perto deles en bus, tratando de ofrecer unha visión global da cultura castrexa. – Saída do bus.* Sober – 10 horas [9:40 nas Casitas da Compañía en Monforte] – Xantar castrexo en Cadeiras, xunto ao castro de As Medorras (prezo 15 € // 10 € para nen@s).…

  • ROTEIRO: RIBEIRA DO AMANDI 31-MAIO-09

    http://widget-5b.slide.com/widgets/slideticker.swf Partimos de Souto Chao, con vistas á Pena do Castelo, por pistas entre as viñas, deixando atrás o castro das Borreas ata chegar á Tenencia, en Amandi. Ca Castrela á esquerda, fomos baixando ata o miradoiro dos Chelos, para coller logo outra pista que nos levou ata o Souto de Chanteiro, localización dunha vila…

  • Sober, maio de 2009. O 31 de maio, imos de camiñata pola ribeira de Amandi, nun percorrido que discorre a carón do Sil polas parroquias soberinas de Doade, Amandi e Pinol; 8 quilómetros con inicio en Souto Chao e remate en Cadeiras, onde xantaremos. Os elementos de interese deste roteiro son a beleza da natureza,…

  • ENQUISA: ACTIVIDADES DO 2008

    Dende O COLADO DO VENTO queremos avaliar o grao de interese que espertaron as nosas actividades na sociedade. Para iso, habilitamos neste recanto da Rede unha enquisa sobre as actividades e proxectos acometidos pola Asociación durante o ano 2008. Podedes participar enviando as respostas á enquisa á dirección de correo paulaverao@hotmail.com. Entre as respostas enviadas…

  • GALICIA TRIP

    Este será o álbum de viaxes do Colado do Vento por Galicia (a real, non a administrativa), estampas do país que pretenden ser reflexo da riqueza cultural, natural e humana da nosa terra. Pódense ver fotos e descripcións no seguinte enlace: GALICIA_TRIP

  • FOTOS VISITA Ó ROMÁNICO

    http://widget-18.slide.com/widgets/slideticker.swf O domingo 26 de outubro a Asociación Cultural O COLADO DO VENTO, de Sober, organizou unha visita ás cinco igrexas románicas, ou que conservan elementos románicos, de Sober: Canaval, Proendos e Bolmente, pola mañá, e Pinol e Lobios pola tarde.A actividade, á que asistiron cincuenta persoas, tivo como leit motiv a Arte Románica mais,…