ACTIVIDADES

  • Mini e Mero, horta e sendeirismo

    Informamos a todas as socias e socios das vindeiras actividades e da data definitiva da ruta de sendeirismo por Doade. – sábado, 2 de maio: a Asociación “Proencia” organiza un corcerto de Mini e Mero.Ás 7 da tarde na Casa da Cultura.Entrada gratuíta. – domingo, 3 de maio: xornada da horta en Arxemil.Coma sempre, quedamos…

  • Sendeirismo entre Vilardemouros e Doade: cancélase a data do 25 de abril por choiva, pendente de data

    Imos facer un tramo de 11 km da fermosa ruta Doade – Augas Mestas, PR G – 157, deseñada polo Colado do Vento. O tramo que faremos é de Vilardemouros ata Doade.  As persoas que o desexen poden facer a ruta enteira, pero non garantimos que esté toda limpa. A asociación revisou e desbrozou o…

  • Crónica audiovisual do roteiro poético por Barantes

    Foi unha mañá de abril marabillosamente primaveral esta que pasamos por Barantes. O obxecto foi facer un roteiro en torno aos lugares de inspiración da poesía de Ramón Sandoval, ao que acompañaron outras amizades poetas e coa xente de Barantes que se quixo achegar. No Bouzo. Comezamos na igrexa de Barantes, cunha peza de gaita…

    Crónica audiovisual do roteiro poético por Barantes
  • Roteiro poético

    O domingo, 12 de abril de 2015, realizamos unha andaina pola parroquia de Barantes. Ademais da súa fermosa paisaxe debruzada sobre o Sil, teremos unha xornada poética nas terras de Ramón Sandoval, da Arriba. Así, convidámosvos a participar coas vosas composicións poéticas nas catro paradiñas que faremos ao longo da ruta. A ruta imos comezala…

  • Unha visita ao Ecomuseo de Arxeriz

    O 22 de marzo de 2015 visitamos o Ecomuseo de Arxeriz, un espazo de interpretación da cultura ribeirá. Conducidos por Daniela, a guía do Ecomuseo, coñecimos que a “casa dos escudos”, unida en U coa “casa do patín”, xunto coa capela, teñen orixe no século XVII. Este conxunto pasou ao coñecido “Xan de Forcados” –…

  • Visita guiada: Ecomuseo de Arxeriz

    O domingo, 22 de marzo, pola mañá, visitaremos o Ecomuseo de Arxeriz, asistindo a unha visita guiada polas súas salas e o castro. A visita comeza ás 12:30 h no museo, polo que quedamos nos seguintes sitios (en coches particulares):– Sober: diante da Casa do Concello ás 11:50 horas. – Ferreira: na rotonda ás 12:05…

  • Crónica (subxectiva) do encontro con Xurxo Ayán sobre a Ribeira Sacra: un problema non só de relato

    P { margin-bottom: 0.08in; }A:link { } * Crónica de Paula Vázquez Verao. O venres, 27 de febreiro, no Centro do Viño da Ribeira Sacra, edificio do antigo Concello de Monforte, Xurxo Ayán, “neto de indíxenas” pronunciou a exposición titulada “Ribeira Sacra: unha paisaxe heroica, un patrimonio da(s) comunidade(s)”. A solemnidade do formato non foi…

  • Conferencia de Xurxo Ayán: "A Ribeira Sacra: unha paisaxe heroica, un patrimonio da(s) Comunidade(s)

    P { margin-bottom: 0.08in; } A Asociación Cultural O Colado do Vento organiza en Monforte unha conferencia do arqueólogo Xurxo Ayán Vila titulada “A Ribeira Sacra: unha paisaxe heroica, un patrimonio da(s) Comunidades(s).” A petición da charla por parte da Asociación sae dunha xuntanza na que se tratou sobre o proceso da candidatura da Ribeira…

  • Plan de actividades: 1º semestre 2015

    TD P { margin-bottom: 0in; }P { margin-bottom: 0.08in; }A:link { } DATA ACTIVIDADE OBSERVACIÓNS Venres, 27 de febreiro. CONFERENCIA DE XURXO AYÁN: A Ribeira Sacra: unha paisaxe heroica, un patrimonio da(s) Comunidade(s). Centro do Viño da Ribeira Sacra.Monforte.20 horas.Entrada libre. Domingo, 22 de marzo. Visita ao Ecomuseo de Arxeriz (O Saviñao). Pendente de reserva.Actividade…

  • Nova directiva e plan de traballo para 2015-2016

    O 31 de xaneiro de 2015 tivemos a Asemblea Xeral anual do Colado do Vento, na que se diu conta do traballo destes dous anos 2014 e 2015, valorándoo moi positivamente e analizando as cuestións que se poden mellorar. Entre estas, acordamos: – Facer unha mellor planificación das actividades, como mínimo de xeito trimestral, de…