ACTIVIDADES

  • A caza do Patrimonio por Sober: crónica da xornada

    O domingo, 21 de xuño de 2015, a xente da Asociación O Colado do Vento achegámonos a distintos puntos con elementos patrimoniais en Sober coa finalidade de coñecer e divulgar o noso Patrimonio, así como analizar o estado de conservación e comprender o entorno no que se sitúa. Esta xornada de “cacería” do Patrimonio foi…

  • Xornada "á caza do Patrimonio", en Sober

    P { margin-bottom: 0.08in; }A:link { } Visitaremos distintos elementos do Patrimonio arqueolóxico de Sober, coa finalidade de coñecelos, divulgar a súa existencia e importancia histórica, dar conta de novos achádegos non catalogados e subir todos os que visitemos ao Catálogo Social do Patrimonio Galego (http://patrimoniogalego.net). Reivindicamos a función social do Patrimonio, o seu valor…

  • Viaxe a Entrimo e Castro Laboreiro: domingo 31 de maio

    P { margin-bottom: 0.08in; }A:link { } Hai que anotarse antes do sábado, 30 de maio, ás 12 h, en: 674473695 ou coladodovento@gmail.com Prezo por persoa (inclúe visitas e transporte): – socia – 8 € – non socia – 15 € Saída do transporte: – Monforte: 8:45 h nas “casiñas” da Compañía – Sober: 9:00…

  • 9 de maio: sendeirismo entre Vilar de Mouros e Doade

    Quedamos ás 16:15 h na praza de Doade (fronte á Cantina) para ir cos coches a Vilar de Mouros. Dende alí, faremos a ruta de 11 km aproximadamente e, ao remate, haberá uns pinchos, para os que agradecemos que a xente se anote antes do venres. Imos facer un tramo de 11 km da fermosa…

  • Mini e Mero, horta e sendeirismo

    Informamos a todas as socias e socios das vindeiras actividades e da data definitiva da ruta de sendeirismo por Doade. – sábado, 2 de maio: a Asociación “Proencia” organiza un corcerto de Mini e Mero.Ás 7 da tarde na Casa da Cultura.Entrada gratuíta. – domingo, 3 de maio: xornada da horta en Arxemil.Coma sempre, quedamos…

  • Sendeirismo entre Vilardemouros e Doade: cancélase a data do 25 de abril por choiva, pendente de data

    Imos facer un tramo de 11 km da fermosa ruta Doade – Augas Mestas, PR G – 157, deseñada polo Colado do Vento. O tramo que faremos é de Vilardemouros ata Doade.  As persoas que o desexen poden facer a ruta enteira, pero non garantimos que esté toda limpa. A asociación revisou e desbrozou o…

  • Crónica audiovisual do roteiro poético por Barantes

    Foi unha mañá de abril marabillosamente primaveral esta que pasamos por Barantes. O obxecto foi facer un roteiro en torno aos lugares de inspiración da poesía de Ramón Sandoval, ao que acompañaron outras amizades poetas e coa xente de Barantes que se quixo achegar. No Bouzo. Comezamos na igrexa de Barantes, cunha peza de gaita…

    Crónica audiovisual do roteiro poético por Barantes
  • Roteiro poético

    O domingo, 12 de abril de 2015, realizamos unha andaina pola parroquia de Barantes. Ademais da súa fermosa paisaxe debruzada sobre o Sil, teremos unha xornada poética nas terras de Ramón Sandoval, da Arriba. Así, convidámosvos a participar coas vosas composicións poéticas nas catro paradiñas que faremos ao longo da ruta. A ruta imos comezala…

  • Unha visita ao Ecomuseo de Arxeriz

    O 22 de marzo de 2015 visitamos o Ecomuseo de Arxeriz, un espazo de interpretación da cultura ribeirá. Conducidos por Daniela, a guía do Ecomuseo, coñecimos que a “casa dos escudos”, unida en U coa “casa do patín”, xunto coa capela, teñen orixe no século XVII. Este conxunto pasou ao coñecido “Xan de Forcados” –…