ACTIVIDADES

  • VI Roteiro á luz da lúa: venres, 3 de agosto.

    Este ano, o VI encontro á luz da lúa con música, poesía, relato ou o que queirades, será o venres, 3 de agosto no entorno de Cadeiras.  Quedamos en Cadeiras ás 21:00 horas para tomar contacto e uns pinchiños. As persoas do Colado do Vento encargadas de organizalo xa están preparando as sorpresas desta noite…

  • Roteiro literario Fiz Vergara en Lóuzara (8 de xullo).

    A data do roteiro por Lóuzara será o 8 de xullo. Aínda temos que acordar os detalles sobre a participación da nosa asociación, pero así ides gardando o día. Organízao todos os anos a Agrupación Cultural Ergueitos, de Sarria.

  • Domingo, 13 de maio – Excursión a terras de Samos.

    Visita ao castro de Formigueiros, capela do ciprés e Mosteiro de Samos.  http://memoriadesamos.blogspot.com.es/2011/03/relevancia-do-castro-de-formigueiros.html * Saída ás 9:15 horas de Sober (praza do Concello) – 9:30 horas de Monforte (“casiñas” da Compañía). * Prezo do bus: 5 € soci@s / 10 € non soci@s. Necesario anotarse previamente e ingresar os cartos ou pagalos en man ás…

  • Ficha de recolleita de información sobre PRÁCTICAS AGRÍCOLAS TRADICIONAIS NAS HORTAS.

    Dende O Colado do Vento, queremos facer unha recolleita sobre as prácticas agrícolas tradicionais nas hortas, para poder sacar conclusións e poder facer unhas boas prácticas nas hortas familiares. Se queredes colaborar, podedes descargar aquí mesmo a ficha e logo enviar as vosas aportacións a coladodovento@gmail.com ou enviárnola por correo postal a Colado do Vento…

  • ruta de sendeirismo "Vilachá de Salvadur-Augas Mestas" – 15 de abril (domingo)

    Foto: http://www.jrcasan.com. Saída en bus: – dende Sober: 9:30 horas (praza do Concello) – dende Monforte: 9:45 horas (“casiñas” da Compañía) [É preciso anotarse para reservar praza no bus antes do xoves 12, en coladodovento@gmail.com ou 659323833]. Foto: http://flickriver.com/photos/moncho-pineiro/4480070442/ Chegada a Vilachá de Salvadur (A Pobra do Brollón) sobre as 10:15 horas, para facer unha…

  • ruta de sendeirismo "O coxo de Bulso" – 25 de marzo

    ruta de sendeirismo – “O coxo de Bulso” – Por terras de Brosmosdomingo, 25 de marzo de 2012 * saída (en coches particulares): 9:15 10:15 horas (HORA NOVA) de Sober (praza do Concello) – 9:30 10:30 horas (HORA NOVA) no punto de saída da ruta (praciña do cruceiro de Pinol). [Na madrugada do 25 hai…

  • Plan de actividades do Colado do Vento: ano 2012.

    A medida que se achegue o día de cada actividade, xa iremos dando máis detalles. De momento, aquí tedes o plan de actividades deste 2012 coas datas, para que vaiades reservando sitio na axenda. – Ruta de sendeirismo “O coxo de Bulso” – 25 de marzo, domingo. Ruta circular, moi sinxela, polas parroquias de Santiorxo,…

  • Cea-asamblea xeral do Colado do Vento: o 21 de xaneiro

    Coma todos os anos, o 21 de xaneiro temos a nosa cea anual e asamblea xeral extraordinaria para ir facendo un esbozo das actividades de 2012. Para anotarse a cear, mandade un correo electrónico a javivivirido@terra.es ou chamade ao teléfono  659323833 antes do mércores 18 de xaneiro. Para calquera consulta: coladodovento@gmail.com A Xunta Directiva propón…

  • O proxecto do "Atlas do viño".

    Estes días, as xentes do Colado do Vento, sobre todo Javier e Paco, andamos atarefadas en facer enquisas sobre a forma tradicional na que se cultivaba o viño en toda a zona que hoxe é a DO Ribeira Sacra.  Para xuño, teremos o traballo rematado e poderemos divulgar todos os coñecementos que estamos recopilando. Participamos…

  • Ruta pola zona do río Loio [30-10-2011]

    Grazas á socia do Colado do Vento, Rosana Prieto Florines, o domingo, 30 de outubro, poderemos desfrutar dunha ruta guiada pola zona do río Loio. * Saída de Sober: 9:15 horas – En coches particulares (organizarémonos para levar os menos posibles). Programa da visita (os horarios son aproximados). *  10:10 horas – Visita á igrexa…