HORTA
-
Chamamento dende a horta
Na horta comunal de boas prácticas que o Colado do Vento temos nos Nabás (Arxemil), ademais de convidarvos a participar, estamos pensando en facer un pequeno espazo para gardarse do sol e descansar. Así, decidimos reciclar materiais usados, e é por iso que vos precisamos. Se tedes bamcos, cadeiras, uralita ou un invernadoiro pequeno que…
-
Balance da horta a inicios de xuño de 2015
* A vindeira quedada será o sábado, 13 de xuño, ás 18 horas. Xa temos todos os bancais completos, logo de poñer, o pasado sábado, máis tomateiras, pementos e algunha leituga e porro máis. Tivemos que clarear os rabaniños, que xa están medrados, e quitarlle os cartóns protectores ás cenouras, que comezan a medrar. Tamén…
-
Crónicas da horta en maio
O sábado, 10 de maio, plantamos repolo, berenxena, chiroubea, sandía, melón e tomates. Ademais, plantamos cenouras de dous xeitos: – tal como se fai na agricultura biodinámica, formando un surco en V e poñendo area por riba das sementes de cenroura, e tapando sen palla, cuns cartóns para evitar malas herbas, que hai que retirar…
-
Mini e Mero, horta e sendeirismo
Informamos a todas as socias e socios das vindeiras actividades e da data definitiva da ruta de sendeirismo por Doade. – sábado, 2 de maio: a Asociación “Proencia” organiza un corcerto de Mini e Mero.Ás 7 da tarde na Casa da Cultura.Entrada gratuíta. – domingo, 3 de maio: xornada da horta en Arxemil.Coma sempre, quedamos…
-
Xornada de horta teórica e práctica
O domingo 26, ás 17 horas, temos xornada teórica da horta con Mar. E logo, ás 18 h, seguimos coa limpeza de bancais e plantando leitugas, que é día de folla.
-
5ª xornada de horta: 11 de abril
Esta fin de semana temos unha actividade de sendeirismo poético o domingo pola mañá, pero non podemos descoidar a horta. O domingo pasado limpamos e preparamos o bancal das cenouras e plantamos dúas melocotoeiras, ademais de regar. Imos facer dúas quedadas, aínda que a principal é o sábado. – sábado, día 11: ás 18 horas. …
-
Horta: 5 de abril
Como esta fin de semana é a Feira do Viño,non haberá horta, así que quedaremos para o domingo 5 de abril. Coma sempre, ás 16:30. Abriremos máis bancais e plantaremos as zenouras, pois é día de raíz. De todas formas, as de Sober podemos pasar a revisar a horta o domingo 28 pola tarde, porque habería…
-
3ª xornada horta 2015: sábado 21 de marzo
A terceira xornada da horta consistirá en seguir limpando bancais. Toca engadir masa vexetal ao compost que preparamos hai 15 días. Facer o caldo de ortiga. Como é día de folla, vanse plantar leitugas. Quedamos o sábado 21 a partir das 16:30 h na horta de Arxemil.
-
Horta do día 15 de marzo de 2015
Para a segunda xornada de horta quedamos o domingo, día 15, ás 16:30 h. – O principal do traballo do domingo é comezar coa limpeza dos bancais. – Hai que colocar o calendario lunar e o esquema dos cultivos debaixo do depósito de auga. – Hai que preparar o compost para telo listo para cando…
-
Comeza a tempada de horta 2015: domingo, 8 de marzo
A primeira xornada de traballo de 2015 será o domingo, 8 de marzo, pola tarde: ás 16:30 h na horta dos Navás. Se queredes participar, aparecede. Máis info en coladodovento@gmail.com Imos celebrar o día internacional da muller traballadora creando horta, un traballo este, o de alimentar o mundo, que é fundamentalmente feminino.