HORTA
-
IIª Xornada de Outono na horta comunal de Arxemil (2014)
Este sábado, 12 de decembro, verémonos na horta de Arxemil ás catro e media da tarde (ás seis xa é de noite) para: * confeccionar as rotacións na horta, aprendendo que plantas se amigan, e facer a planilla dos cultivos da horta para a tempada que vén. * plantar fabas e tirabeques. * plantar framboeseiras…
-
Traballos na horta en outono
A xornada gastronómica na horta será o 18 de outubro. Pero, primeiro, este sábado 11, cómpre facer: – apañar os últimos restos da colleita.– recoller a horta: plantas que remataron a súa vida vexetativa, canas, cintas de atar, ir preparando a hibernación coa palla…– botar unha capa de compost, engadirlle cal e consolda.– preparar dous…
-
Música na horta: Iria Estévez e Gonzo Piña o 26 de xullo nos Nabás.
O 26 de xullo, para presentarvos a horta comunal de boas prácticas do Colado do Vento, temos un concerto de luxo: Iria Estévez e Gonzo Piña, de En Clave de Fado, ofrecerannos un concerto. Ás 8 da tarde na horta dos Nabás o vindeiro 26 de xullo. Ide reservando a data.
-
Xornada horta 5 de xullo e merenda nos Chancís
Este sábado, día 5 de xullo, estaremos de novo na horta do Colado do Vento a partir das seis da tarde. É día de raíz, polo que plantaremos unhas sementes de cenoura que aínda temos pendentes. Faremos tamén un control dos bancais: pragas, limpeza, e, como non, recolleremos as leitugas, acelgas e fresas que xa…
-
XIª xornada da horta comunal: 28 de xuño de 2014
Este sábado é día de flor. Imos plantar flores. Faremos unha capa con compost de ovella (10-15 cm) e cubrirémola con fentos. Limparemos os bancais e vixiaremos as pragas. Se é preciso, regaremos, e botaremos neem.
-
Xª xornada da horta comunal: 21 de xuño de 2014
P { margin-bottom: 0.08in; direction: ltr; color: rgb(0, 0, 0); widows: 2; orphans: 2; } Este sábado é día de folla: plantaremos sementes de leituga e porros, pirixel, rúcula e cilantro. Tamén teremos leituga Batavia en plántulas. Podedes traer calquera cousa de folla da que teñades morteiro. Posiblemente non haberá que regar.
-
IX xornada da horta comunitaria: visita a unha horta en Pantón
Ás 18 horas quedamos na gasolineira de Ferreira. Logo da visita a unha horta de boas práticas da parroquia de Santiago de Cangas, volveremos á horta de Arxemil para regar e ver que cousas precisamos facer en vindeiras xornadas.
-
VIII xornada da horta 2014
Este sábado, 7 de xuño, é día de raíz, polo que probaremos a plantar cenouras, colombros e brócoli. Regaremos as plantas e faremos reparto de responsabilidades. Tamén planificaremos dúas visitas a hortas ecolóxicas. Vémonos ás 18 h en Arxemil!
-
7ª xornada da horta da tempada 2014: 31 de maio
O sábado, día de flor, volveremos á horta de Arxemil ás 18 horas para: – facer unha comprobación xeral logo dos fríos destes días. – limpeza de bancais e camiños, rega e outros traballos básicos. – organizar as datas para plantar o que falte.
-
Horta: sábado, 17 de maio de 2014
Este sábado será día caloroso e de froito.Algunhas das plántulas que foron plantadas este ano queimáronse polas baixas temperaturas.Así, este sábado, faremos:– reconto das plantas con danos e regado con “neen” para fortalecer as plantas que sobreviviron.– prepararemos os envases “tetrabrick” para sementar cenouras, que plantaremos na horta o luns ou martes.– limpeza de bancais.–…