HORTA
-
Horta: sábado, 10 de maio de 2014
Como este sábado é día de raíz imos plantar cenouras en recipientes reutilizados de “tetra-brick”. Temos que: – rematar un bancal. – colar o compost maduro e gardalo. – plantación. – comezar a limpar malas herbas. – limpeza dos camiños. – regar o plantado. – facer unha capa máis de compost.
-
Horta: 3 de maio de 2014
O sábado día 3 é día de froito. O primeiro que imos facer é organizar como van ser as rotacións na horta este ano. Imos abonar e plantar dous bancais: un para tomates “corazón de boi” e outro para cabaciños e cabazas. Vémonos ás 17 h en Arxemil. Para información da horta: coladodovento@gmail.com e 636129233
-
Horta de boas prácticas: comeza a tempada 2014
Logo de acondicionar a nosa horta, mañá (sábado, 26 de abril) comeza a tempada de plantación na horta. Mañá abrirase un bancal e plantaranse porros, berzas, rúcula, acelgas e leitugas. A cita será ás 17 h en Arxemil, na horta comunal do Colado do Vento. Para calquera información para novo alumnado, podedes chamar ao 636129233…
-
A horta volve de novo en 2014: inicio dos traballos e chamamento a novo alumnado.
A horta comunal de boas prácticas do Colado do Vento volve esta primavera. Este sábado, 22 de marzo, comeza a nova tempada da nosa horta. Primeiro, acudirá a equipa que levou a horta o ano pasado, para acondicionala. Ademais, dende o grupo que se encargou en 2013 do coidado da horta, fan un chamamento a…
-
Anais da horta comunal de Arxemil
Mar Sabater, socia do Colado, é a autora do logo da horta comunal e ofrécenos aquí unha crónica do que foi a experiencia da horta o pasado ano 2013, e que ela tan sabiamente guiou. El huerto se comenzó en una primavera lluviosa y fría que se prolongo hasta la primera quincena del verano, que…
-
Quinta xornada de outono na horta: framboesas, lentellas, tirabeques…
Mañá, sábado 30 de novembro, temos a nosa Vª xornada deste outono na nosa horta comunal e de boas prácticas. Mañá, é momento de raíz das 12 ás 13 h. Non é o ideal para o que imos facer, pero hai unha lúa favorable para a sementeira. Plantaremos tirabeques, guisantes, framboesas e lentellas. A ilustración…
-
Sábado 29: horta e elaboración de aceite de hipérico.
Este sábado, 29 de xuño, iremos á horta ás 18 horas. Programa: – Labores de mantemento. – Identificación de plantas e usos. – Pequeno coloquio sobre a marcha do traballo e suxerencias de actividades de cara o futuro. – Recollida da herba de San Xoán e elaboración de aceite de hipérico de tantas e tan…
-
Unha horta ten que saber que é unha horta: a nosa horta comunal.
Mar Sabater cóntanos a experiencia da nosa horta comunal de boas prácticas, na que podedes participar todos os sábados ás cinco da tarde en Arxemil. Mar é quen nos guía nesta estupenda aventura da horta e ten unha magnífica horta en Santiago de Cangas (Pantón), onde vive. Mar Sabater explicando algo sobre a horta. P…
-
Horta: sábado, 15 de xuño: visita a unha horta ecolóxica.
A horta continúa o seu camiño, xa vedes que bonita está.Este sábado, 15 de xuño, quedamos ás 17 h na gasolineira de Ferreira de Pantón para ir visitar a horta ecolóxica de Mar Sabater, en Santiago de Cangas.
-
4ª xornada da horta: sábado, 11 de maio.
A cuarta xornada da nosa horta – común e con boas prácticas – será o sábado 11 de maio ás 17 horas. Nos Navás, Anllo San Martiño, Sober. Van medrando os nosos bancais.