LUZ DA LÚA
-
IX encontro á luz da lúa: en Cadeiras o 1 de agosto de 2015
Un ano máis – e xa van nove – O Colado do Vento organiza o “encontro á luz da lúa”, singular xornada nocturna na que compartimos contos, cantos, saberes, poemas ou o que cada quen desexe. Este ano contamos coa presenza dos grupos de Sober The Carallos e O Trícole, e cunha violonchelista, Paula. Ademais,…
-
VIIº Encontro á luz da lúa – 2013
Atoparémonos no Centro de Interpretación (hoxe bar) dos Chancís, sobre as nove da noite, o sábado, 20 de xullo, para tomar algo e ir comezando a noite. [Cada persoa fará unha pequena aportación polos pinchos. Non é preciso anotarse.] Logo, as actuacións e paradas realizaranse no entorno dos Chancís, con especial interese na Cova…
-
VIº Encontro á luz da lúa (ano 2012).
Atoparémonos en Cadeiras, sobre as nove da noite, o venres, 3 de agosto, para tomar algo e ir comezando a noite. Logo, as actuacións e paradas realizaranse no entorno de Cadeiras (miradoiro, Pena da Virxe…). Estarán connosco Xosé do Incio, coa zanfona, Olga Novo, poeta de Vilarmao, Xosé Lois García, escritor, historiador, poeta, Carmeliña, rapsoda,…
-
FOTOS DO ROTEIRO Á LUZ DA LÚA – 2011
Este ano saiu a lúa e fíxose a maxia no monte de Cadeiras. Dende o miradoiro sobre o Sil ata o entorno do santuario, pasando pola Pena da Virxe, a música soou en Cadeiras da man de Mini e Mero, que nos brindaron un feixe de cancións míticas, do fagot de Gonzalo Lemos, a guitarra…
-
Vº ROTEIRO MÚSICO-POÉTICO Á LUZ DA LÚA
Vº ROTEIRO MÚSICO-POÉTICO Á LUZ DA LÚA * Venres, 15 de xullo de 2011. * Encontro ás once da noite en Cadeiras. * Este ano moverémonos polo entorno de Cadeiras, co cal non hai moito para andar. Coma sempre, haberá música e poesía, e podedes ler, dicir, contar ou expresar de distintos xeitos o que…
-
IV ROTEIRO MÚSICO-POÉTICO Á LUZ DA LÚA
Este ano, percorreremos á luz da lúa un tramo da ruta dos muíños do Xabrega coas pertinentes paradas para que a música e a poesía fagan acto de presenza nesta beira do Sil. Coma sempre, podedes recitar, contar, ler, cantar o que vos pareza, sobre o tema que se vos ocorra e en calquera das…
-
-
AGRADECEMENTO: III ROTEIRO Á LUZ DA LÚA
Fomos case medio cento de persoas as que andivemos a noite do 7 de Agosto perdidos por Sober sen ver a lúa polo nubrado que había. Visitamos a Pena da Virxe en Cadeiras, o Castro das Penas en Arxemil e a Cova da Vella, nos Chancís. Ademais de poemas de Manuel María e Uxío Novoneyra,…
-
III ROTEIRO Á LUZ DA LÚA
III Roteiro Músico-Poético á luz da lúa 7 – Agosto – 2009 Saída de Cadeiras ás 11 da noite (para tomar uns pinchos ás 9 e media da noite en Cadeiras é preciso anotarse antes do 5 de agosto). Visitaremos… – Pena da Virxe de Cadeiras (Pinol). – Castro de San Marcos (Arxemil). – Muíño…