-
O ENCANTO DA PENA DO BOQUEIRO
Perto da Barca de Santo Estevo, cara o lugar do Boqueiro, había unha pedra cun burato que ía dar ó Cabe, que morre alí, a poucos metros, no Sil. Os que pasaban polo lugar á noitiña, din ter visto unha fermosísima rapaza de pelo dourado sentada no penedo, peiteándose cun peite de ouro, mentras se…
-
O PEAR DA PONTE
“O que dices tu que o demo pactou cos curas para facer unha ponte éche donde lle chaman Besteiros; está asulagado, era no fondo do Cachón de Xabrega. Cando o río estaba baixo, no verao, pasábase andando, aínda que había unha corriente enorme; e, elí, no fondo desa corriente do Cachón de Xabrega, era onde…
-
RUTA DOS COLADOS
* Esta ruta realizouse por primeira vez o domingo, 11 de xuño de 2006, como actividade das Festas de San Antón da parroquia de Bolmente, organizada pola Asociación de Veciños O Pinal de Bolmente e a xente do Colado do Vento. Ruta de 10 km aprox. Pódese descargar aquí un tríptico co mapa, texto e…
-
ROMARÍA DA VIRXE DE CADEIRAS (PINOL)
A Virxe de Cadeiras naceu nunha pena, onde ten unha pileta, o peite e o espello. Iso é o que nos contaban nais e avoas cando iamos xantar á Romaría de Cadeiras, celebrada entre o 7 e 9 de Setembro no monte de Cadeiras, en torno ó santuario.O santuario iniciado no século XVIII, e nunca rematado,…
-
O BURACO DA MOURA
“Contan que foi verdade, que na parroquia de Bolmente, no lugar de Ferrón, vivía un rapaz que tiña un rabaño de cabras, e todos os días as ceibaba ó monte, que lle quedaba moi preto. Alí, todos os días visitaba a unha moura moi guapa. Pasado un tempo, namoráronse, pero ela vivía no monte e…
-
I ROTEIRO MÚSICO-POÉTICO Á LUZ DA LÚA
Foi improvisado e ás presas; pero saiu moi ben. Queríamos probar como funcionaba este roteiro, á luz da lúa (chea, inda que non no plenilunio), con música e recitado de poesía. Pinchamos algo en Bolmente e visitamos logo os miradoiros, do Boqueiriño e da Cividade (espectacular de noite), cos seus nomes auténticos; despois fomos ós…
-
RODRIGO DE CANAVAL
Era daquelas cando estaba vixente o chamado “dereito de pernada”. O Pobo llano asumíao a regañadentes, como aceptada era a condición de cada quen na sociedade: algo inmutable saído da vontade de Deus. Non era este privilexio unha lei escrita, nen sequera unha norma consuetudinaria recoñecida que permitía ós señores feudais deitarse coa noiva a…
-
OS CURAS DA CRUZ DA MEDA
Xúntanse na Cruz da Meda catro parroquias: Vilamarín, Marcelle, A Penela e Doade. En tempos, comían alí catro curas, cada un na súa feligresía. O cura de San Pedro de Baños estaba amolado porque a capela non tiña terras. Na data convida para a comerotada, xuntáronse alí os catro curas, cada un a cabalo do…
-
A PENA DA MOURA DO VILAR
Hai xa moito tempo que andaba unha moza co gando no monte da Cortiña do Vilar. Cando viña para a casa, polo camiño, atopouse cunha fermosa moura, de ollos azuis e louros cabelos que peinaba ó sol; o seu reflexo facíaos parecer de ouro. A moura compadeceuse da rapaza e fíxolle un regalo: mandoulle pechar…

