• O TESOURO DA DEVESA

    Ó parecer, a casa do Manoliño da Devesa fixérona uns romanos que apareceron polo lugar cuns burros cheos de ouro. Esconderon o ouro en distintas partes da casa e nos arredores; tanto agocharon que ata os ratos o sacaban dos seus escondrixos. Nunha ocasión viñeron uns ladróns, colleron a muller da casa e ameazaron con…

  • Ruta por terras de Brosmos: O COXO DE BULSO

    * Descarga aquí  POR TERRAS DE BROSMOS, o tríptico co texto e un mapa desta ruta de 12,3 km., de dificultade baixa, que atravesa as parroquias de Pinol, Lobios, Santiorxo, Santa Cruz de Brosmos e Bulso. O Coxo de Bulso trouxera das américas dúas cousas: moitos cartos e a alma enchoupada de remorsos. Crimes que…

    Ruta por terras de Brosmos: O COXO DE BULSO
  • OS IBIOS

    O informante Constantino Pérez Puga de Portabrosmos – Pinol relatouna en xullo de 1995 mentres nos acompañaba a visitar os restos de A Ibia.Polas ladeiras abruptas do Sil, na orela soberina de Chanteiro, deslízase unha paisaxe farturenta de viñas, sobre un fondo de auga encorada e de monte humanizado: Sacar de Bois, Ravacallos. Camiños de…

  • A PEDRA DO TESOURO

    “Eí no fondo – dixo o Constante sinalando para o embarcadoiro – está a Pedra do Tesouro. O Meixide estaba cun podón cortándolle as varas ás cepas e diu por casualidade na pedra e sonoulle a hueco. Mirando viu disimulado un redondel que correspondía cunha tapa que tiña a pedra. Levantouna con coidado co podón…

  • O CASTRIÑO

    “Pois o papá e a mamá sentiron. De noite formouse unha chuvia, e aí andaban os mouros cavando no Castriño, entre os castiñeiros e unhos penedos, como unha mina, cavando para sacar unha cadea de ouro; porque iba unha cadea de ouro (pero ó cabo nadie o soupo) por unha peneda que hai no río…

  • O SANTUARIO DE OUTEIRO

    Houbo un tempo en que Cadeiras era tan alto como a Cabeza da Meda; era unha montaña alta. En Outeiro había un santuario moi grande cunhas campás de ouro. Un día veu un volcán de auga moi grande e asulagou todo, quedando enterrado o santuario e as campás. Se se peta na entrada da casa…

  • COÑECE O TEU PATRIMONIO I

    21 – XULLO – 2007

  • OS POBOS

    * Informante: Ildefonso Campos; Francos de Proendos, 1993. Barantes, bajantes;A Arriba, estudiantes;A Somoza, boa moza;Os Hortos, pican os porcos;en Vilariño corre a auga,en Chavián cocen o pane os de Vilariño van mirar se llo dan.

  • BIBLIOGRAFÍA TRADICIÓN ORAL

    – Asociación Cultural O Trícole; Un pouquiño de Tradición Oral no Concello de Sober. O Colado do Vento Ed. 2002.

  • A CABRA DO CURA

    Había unha vez, nun pequeno pobo, un matrimonio pobre que tiña moitos fillos. Como a xente fala, ás veces, por falar, contábase nas tertulias que os fillos eran do cura.Resulta que o cura tiña unha cabra. Unha cabra gorda, ben mantida.Certo día, ó pobre home daquel pobre matrimonio ocorréuselle roubala para ter algo consistente que…