-
Balance da horta a inicios de xuño de 2015
* A vindeira quedada será o sábado, 13 de xuño, ás 18 horas. Xa temos todos os bancais completos, logo de poñer, o pasado sábado, máis tomateiras, pementos e algunha leituga e porro máis. Tivemos que clarear os rabaniños, que xa están medrados, e quitarlle os cartóns protectores ás cenouras, que comezan a medrar. Tamén…
-
Xornada entre Entrimo e Castro Laboreiro
Na serra de Queguas. Dende Sober, saímos cara Entrimo (aproximadamente 1 hora e media en coche, pola N-120, a AG-52 e AG-31), chegando a Terrachán, capital municipal, dende onde nos diriximos en coches ata Queguas. Aira de mallar en Queguas. Queguas, lugar da parroquia de Venceáns, dende onde se pode realizar o roteiro PR-G 27,…
-
Viaxe a Entrimo e Castro Laboreiro: domingo 31 de maio
P { margin-bottom: 0.08in; }A:link { } Hai que anotarse antes do sábado, 30 de maio, ás 12 h, en: 674473695 ou coladodovento@gmail.com Prezo por persoa (inclúe visitas e transporte): – socia – 8 € – non socia – 15 € Saída do transporte: – Monforte: 8:45 h nas “casiñas” da Compañía – Sober: 9:00…
-
Crónicas da horta en maio
O sábado, 10 de maio, plantamos repolo, berenxena, chiroubea, sandía, melón e tomates. Ademais, plantamos cenouras de dous xeitos: – tal como se fai na agricultura biodinámica, formando un surco en V e poñendo area por riba das sementes de cenroura, e tapando sen palla, cuns cartóns para evitar malas herbas, que hai que retirar…
-
A Casa Grande de Pedras, berce dos García-Camba
Un artigo de Xosé Lois García. Nun chover miudiño, anuncio de primavera, cheguei ao lugar de Pedras en San Martiño de Vilelos (Saviñao), guiado por Manolo Rodríguez, dono da señorial casa grande de Pedras, solar da abastecida fidalguía dos García-Camba. Unha vella e tradicional estirpe de escribáns reais que amosaron poder económico concentrado en Pedras…
-
9 de maio: sendeirismo entre Vilar de Mouros e Doade
Quedamos ás 16:15 h na praza de Doade (fronte á Cantina) para ir cos coches a Vilar de Mouros. Dende alí, faremos a ruta de 11 km aproximadamente e, ao remate, haberá uns pinchos, para os que agradecemos que a xente se anote antes do venres. Imos facer un tramo de 11 km da fermosa…
-
Mini e Mero, horta e sendeirismo
Informamos a todas as socias e socios das vindeiras actividades e da data definitiva da ruta de sendeirismo por Doade. – sábado, 2 de maio: a Asociación “Proencia” organiza un corcerto de Mini e Mero.Ás 7 da tarde na Casa da Cultura.Entrada gratuíta. – domingo, 3 de maio: xornada da horta en Arxemil.Coma sempre, quedamos…
-
Guxeva, na burata da vida longa
* Colaboración de Xosé Lois García. Non hai moito que unha web facilitou votar o nome mais orixinal dunha aldea do concello de Chantada. Das 266 aldeas espalladas polas 36 parroquias que compoñen este municipio, o topónimo da aldea agraciada foi Guxeva, acochadiña, recollidiña no colo celmoso da nosa ribeira miñota, na parroquia de Santiago Darriba…
-
Memorizar a desfeita
Artigo de Xosé Lois García, publicado en Galicia Dixital, sobre a abandonada aldea de Bexán, na parroquia de Diomondi. Bexán pode ser a viva testemuña dunha desfeita anunciada que paulatinamente incrementa o desastre, xa se ve que non hai volta atrás para recuperar a identidade do que foi esta enorme aldea ribeirá do Saviñao, na…
-
Xornada de horta teórica e práctica
O domingo 26, ás 17 horas, temos xornada teórica da horta con Mar. E logo, ás 18 h, seguimos coa limpeza de bancais e plantando leitugas, que é día de folla.
