• Sendeirismo entre Vilardemouros e Doade: cancélase a data do 25 de abril por choiva, pendente de data

    Imos facer un tramo de 11 km da fermosa ruta Doade – Augas Mestas, PR G – 157, deseñada polo Colado do Vento. O tramo que faremos é de Vilardemouros ata Doade.  As persoas que o desexen poden facer a ruta enteira, pero non garantimos que esté toda limpa. A asociación revisou e desbrozou o…

  • Crónica audiovisual do roteiro poético por Barantes

    Foi unha mañá de abril marabillosamente primaveral esta que pasamos por Barantes. O obxecto foi facer un roteiro en torno aos lugares de inspiración da poesía de Ramón Sandoval, ao que acompañaron outras amizades poetas e coa xente de Barantes que se quixo achegar. No Bouzo. Comezamos na igrexa de Barantes, cunha peza de gaita…

    Crónica audiovisual do roteiro poético por Barantes
  • 5ª xornada de horta: 11 de abril

    Esta fin de semana temos unha actividade de sendeirismo poético o domingo pola mañá, pero non podemos descoidar a horta. O domingo pasado limpamos e preparamos o bancal das cenouras e plantamos dúas melocotoeiras, ademais de regar. Imos facer dúas quedadas, aínda que a principal é o sábado. – sábado, día 11: ás 18 horas. …

  • Roteiro poético

    O domingo, 12 de abril de 2015, realizamos unha andaina pola parroquia de Barantes. Ademais da súa fermosa paisaxe debruzada sobre o Sil, teremos unha xornada poética nas terras de Ramón Sandoval, da Arriba. Así, convidámosvos a participar coas vosas composicións poéticas nas catro paradiñas que faremos ao longo da ruta. A ruta imos comezala…

  • Paseíño comentado á Pena do Castelo

    Dende Doade podemos achegarnos á Pena do Castelo, a penas a 1,5 km do cruce coa pista de acceso a este curuto rochoso.   No cruce de Doade, na estrada Monforte – Castro Caldelas, hai que coller dirección á Adega Algueira e pouco antes está a pista de acceso á Pena do Castelo.   Accédese…

    Paseíño comentado á Pena do Castelo
  • Horta: 5 de abril

    Como esta fin de semana é a Feira do Viño,non haberá horta, así que quedaremos para o domingo 5 de abril. Coma sempre, ás 16:30. Abriremos máis bancais e plantaremos as zenouras, pois é día de raíz. De todas formas, as de Sober podemos pasar a revisar a horta o domingo 28 pola tarde, porque habería…

  • Unha visita ao Ecomuseo de Arxeriz

    O 22 de marzo de 2015 visitamos o Ecomuseo de Arxeriz, un espazo de interpretación da cultura ribeirá. Conducidos por Daniela, a guía do Ecomuseo, coñecimos que a “casa dos escudos”, unida en U coa “casa do patín”, xunto coa capela, teñen orixe no século XVII. Este conxunto pasou ao coñecido “Xan de Forcados” –…

  • 3ª xornada horta 2015: sábado 21 de marzo

    A terceira xornada da horta consistirá en seguir limpando bancais. Toca engadir masa vexetal ao compost que preparamos hai 15 días. Facer o caldo de ortiga. Como é día de folla, vanse plantar leitugas. Quedamos o sábado 21 a partir das 16:30 h na horta de Arxemil.

  • Visita guiada: Ecomuseo de Arxeriz

    O domingo, 22 de marzo, pola mañá, visitaremos o Ecomuseo de Arxeriz, asistindo a unha visita guiada polas súas salas e o castro. A visita comeza ás 12:30 h no museo, polo que quedamos nos seguintes sitios (en coches particulares):– Sober: diante da Casa do Concello ás 11:50 horas. – Ferreira: na rotonda ás 12:05…

  • Horta do día 15 de marzo de 2015

    Para a segunda xornada de horta quedamos o domingo, día 15, ás 16:30 h. – O principal do traballo do domingo é comezar coa limpeza dos bancais. – Hai que colocar o calendario lunar e o esquema dos cultivos debaixo do depósito de auga. – Hai que preparar o compost para telo listo para cando…