-
Ruta por San Vitoiro-Covas-Muíño do Coxo (Pobra do Brollón)
* A ruta en Wikiloc (aquí). O vindeiro domingo, 27 de abril de 2014, imos de ruta de sendeirismo pola Pobra do Brollón. É unha ruta que dura aproximadamente tres horas con ritmo lento, de dificultade media. Serán uns 8 km de percorrido, nunha ruta circular que sae de San Vitoiro, pasando por Covas e…
-
Crónica fotográfica crítica da visita á "Gándara Grande", Baamorto e Fiolleda (Monforte)
– A lagoa da Gándara Grande, nas Lamas, Monforte A Gándara Grande (ou Gándara de Arriba) é unha zona de turbeira. As turbeiras son zonas húmidas con plantas adaptadas á auga nas cales a gran cantidade de materia vexetal morta se vai acumulando en capas sen descompoñense (por baixas temperaturas, falta de osíxeno), formándose a…
-
Notas sobre a igrexa de Baamorto
No ano 2005, a Asociación Amigos do Patrimonio de Lemos editou un folletiño para ilustrar a súa visita ás parroquias monfortinas de Baamorto e Valverde. Aproveitando que o domingo (6 de abril de 2014) imos a Fiolleda e faremos unha parada na igrexa de Baamorto, deixámosvos unhas notas sobre ela, sacadas da publicación citada. A…
-
Visita á parroquia de Fiolleda
O domingo, 6 de abril de 2014, imos coñecer a parroquia monfortina de Fiolleda. Sairemos ás 10 h das “Casiñas” da Compañía (Monforte) en coches particulares, para dirixirnos a Fiolleda. Alí, visitaremos os seguintes elementos patrimoniais artísticos e naturais: – Lagoa da Gándara Grande. – Igrexa de Santa María de Baamorto, con restos románicos e…
-
Visita ao románico de Chantada da Asociación Santa Mariña de Augas Santas de Allariz
Pesqueiras. A Asociación Santa Mariña de Augas Santas de Allariz visitará o románico chantadino o vindeiro sábado, día 5, da man de Xosé Lois García. A quedada foi ás 16 h diante da igrexa nova de Chantada. Visitarán San Salvador de Asma, Santa María de Pesqueiras e Santa María de Nogueira de Miño.
-
Presentación de Territorios estraños en Sober co autor: Ramón Sandoval
Presentación de Territorios estraños na Biblioteca Pública de Sober, co Club De Lectura Pintor de Castinande. Hoxe, mércores 26 de marzo, as 19:00 h na Biblioteca de Sober, co autor Ramón Sandoval. Fará a presentación Paula Vázquez Verao e actuarán Os Parentes. Para non o perder!
-
A horta volve de novo en 2014: inicio dos traballos e chamamento a novo alumnado.
A horta comunal de boas prácticas do Colado do Vento volve esta primavera. Este sábado, 22 de marzo, comeza a nova tempada da nosa horta. Primeiro, acudirá a equipa que levou a horta o ano pasado, para acondicionala. Ademais, dende o grupo que se encargou en 2013 do coidado da horta, fan un chamamento a…
-
Ruta de sendeirismo: Diomondi – Pedro de Cela – Santo Estevo do Miño
O domingo, 16 de marzo, faremos unha ruta de sendeirismo que sigue o curso da [PR-G 162] e que ten como fitos principais a igrexa de Diomondi, os sartegos antropomorfos de San Pedro de Cela e a igrexa de Santo Estevo, así como fermosas vistas sobre a ribeira do Miño. Quedada (en coches particulares): –…
-
Os libros de Fábrica parroquiais
José María Lago Bornstein, investigador deste tipo de documentos, fálanos dos libros de Fábrica parroquiais nunha nova entrega de Historia(s) de Lemos a través das cousas. P { margin-bottom: 0.08in; direction: ltr; color: rgb(0, 0, 0); widows: 2; orphans: 2; } Continuando con esta línea de artículos que describen el origen y función de un…
