A ruta faise, con paradas, en aproximadamente unha hora e media (son 2,9 km de dificultade baixa), co cal sairemos ás 11:00 horas do aparcadoiro parroquial (moi cerca da igrexa).
Visitaremos o lugar de Proendos, un museo ao aire libre, onde podemos atopar multitude de elementos romanos reutilizados na súa arquitectura tradicional ben conservada. A ruta enlaza os oito puntos de petroglifos coñecidos nesta parroquia e aproveita para sinalar elementos romanos, a igrexa románica (faremos unha pequena explicación), casas grandes, hórreos, pombais e outros puntos de interese que se van atopando polo camiño.
Non está previsto xantar colectivo pero convidaremos a un pinchiño de rosca con queixo e a licor café.
NOTA – No Facebook do Colado do Vento podedes ver fotos da interesante xornada práctica sobre a contaminación dos ríos celebrada o sábado pasado.



Deixar unha resposta